martes, 28 de xaneiro de 2014

Xornada 20: MANS ARRIBA! (A Crónica)


Unha mala decisión do colexiado priva por segunda semana consecutiva de sumar ó C.A.S.X / O trenciña sinala con empate a 1 gol un penalti a favor dos locais no minuto 91 por suposta man de Ale mentres a camiseta do xogador amosaba claramente que o esférico impactara de cheo no peito / Rematado o encontro o colexiado indica "que lle dera a sensación..."

Unha vez máis, e xa van moitas nesta tempada o Atlético Sobrado volveu a sufrir o nulo criterio arbitral que domingo tras domingo veñen amosando os que dicen chamarse "Encargados de Impartir Xustiza".

Desta volta o ridículo arbitral foi MAIUSCULO, logo de inventarse un penalti a favor do C.D. Larín no minuto 91 cando o empate a 1 campeaba no marcador.

A escea é a seguinte, balón aéreo que sobrevoa a portería de David, no seu intento de agarrar o esférico resbálalle debido a abandosa choiva que estaba a caer sobre o "San Roque" e o esférico chega a un atacante que chuta de primeiras, diante do atacante está Ale que defenda a xogada coas mans postas para atrás para que non lle impacte o esférico, o forte chut vai directamente ó peito do defensor pero o colexiado decreta penalti. Incredulidade, estupor, desolación..., todo o equipo vai a reclamarlle ó colexiado logo de ver como Ale ten a camiseta completamente manchada do balonazo, nin os propios xogadores locais o podían crer..., pero o trenciña non rectifica e pita a pena máxima que acabaría en gol e suporía a derrota do Atlético Sobrado. O acabar o partido todos lle fumos a pedir explicacións e o que nos sinala é "que él tivo a sensación de que lle dera...". PERO COÑO, SE VES O BALONAZO MARCADO, PODES RECTIFICAR, ASÍ O ESTIPULA NO REGULAMENTO, E NON SEGUIR CO ERRO PARA ADIANTE!

O caso é que tras facer un dos mellores partidos da tempada o C.A.S.X. veuse de vacío de Larín cando como mínimo mereceu o empate. Esto é un suma e segue, a semana pasada perdimos 2-3 contra o Portazgo e o árbitro merendouse un gol a todas luces legal de Luis Mato no que o esférico entrou 1 metro na portería rival..., outro punto ó limbo. Se a esto lle engadimos os 2 puntos que nos birlou o colexiado de turno no minuto 98 en Mesía cando gañabamos 2-3 e non pitou o final ata que os locais empataron, e outros encontros nos que decisións pouco afortunadas restaron puntos ó noso conxunto nos momentos finais encontrámonos cun esceario no que o Atlético Sobrado debería ter 8 ou 9 puntos máis. Non estou de acordo no de que "unhas veces dan e outras quitan", esta tempada os árbitros están nun clarísimo déficit co noso equipo e chega un momento en que xa non podemos calar e o temos que facer público: TOLOS SÍ PERO TONTOS NON!, por que xa está ben de tanto mamoneo, de tanta aplicación erronea do regulamento, de non saber distinguir os foras de xogo, de non ter nin idea do que é unha lei da vantaxe, de querer irse de listos e logo redactar mal unha acta (as veces con faltas gravísimas de ortografía e outras veces inventándose xogadores que non estaban no partido, etc).

No que atinxe o partido, fora do lance que foi o que resolveu o partido o encontro estivo dominado por unha intensa chuvia nunha fría tarde (tarde gaiega que diría Mario Novo emulando a David Perdomo). Aínda así e a pesares de que o terreo de xogo estaba bastante blando foi un partido entretido, con moita loita e bo xogo, onde os dous equipos se entregaron en prol da victoria. Ambos equipos tiveron oportunidades para marcar nas dúas partes.

O balón parado foi unha das armas que tivo o C.A.S.X. onde dous bos remates de cabeza, un de Iago Corral e outro de Piru estiveron a punto de dar o primeiro gol para a Máquina Amarilla.

Logo do descanso con empate a 0 goles adiantaríase o Larín no minuto 65 con unha xogada de libro, nunha excelente internada do seu veloz interior dereito que chegou a liña de fondo e dou o pase a segunda liña onde chegou Juanma que enganchou un tiro raso ó que nada puido facer David.

No minuto 81 chegaría o empate do C.A.S.X. logo de un córner no que hai varios rexeites dentro da área local, o esférico chégalle a Ale que o pon pegado o pao do gardamallas local. Era o xusto premio a un excelente partido do Atlético Sobrado. Despois chegaría a tan desgraciada decisión do colexiado que fixo que toda a expedición marela viñera para a casa con un cabreo monumental.

Tedes que perdoar que onte non fixera a crónica pero decidín deixalo para hoxe e afloxar a mala uva que tiña enriba por que non quería poñer improperios. Non me gusta que o meu equipo lle den nada que non merece así como tampouco me gusta que me rouben na puta cara nin que nos tomen por parvos. O problema do fútbol aficionado é que ou grabas en video os partidos ou non tes maneira de demostrar as veces que se minte nas actas, os erros dos colexiados, etc, etc, etc. Quen sabe, igual chegou o momento en que o C.A.S.X. ten que dar ó salto a "era multimedia" e comezar a grabar os encontros para poder aportar documentos visuais para que no Colexio de Árbitros vexan as evolucións das "novas promesas".  Segundo teño entendido, parece ser que hai moi boas referencias da "nova fornada" de colexiados que andan a pitar por estes campos de Deus... e do que levo visto, en 20 partidos este ano máis algún de xuvenís, so 3 ó sumo 4 poden valer para pitar. A desgana, os evidentes síntomas das festas da noite anterior, a actitude chulesca créndose os reis do mambo, o estar máis pendentes da grada que do propio xogo, a nula aplicación do Regulamento en moitos casos, e as explicacións das xogadas que moitas veces é para mexar e non votar gota: os seus pecados.

Para o sábado o C.A.S.X. xogará as 16,15 horas no Municipal contra o C.D. Mesía, un partido contra un rival directo na loita pola salvación. O Atlético Sobrado ten que ir polos 3 puntos sí ou sí, intentaremos gañar a pesares do colexiado de turno.

XUVENIL: Atl. Sobrado 2 - Atl. Arteixo "B" 7

Un Arteixo B superior goleou a Minimáquina Amarilla na segunda metade. O partido transcurría 1-2 ata que no minuto 6 de desconto da primeira metade (SÍ, SÍ, LEDES BEN) o colexiado sinala penalti a favor dos visitantes por suposta falta de Tomás (que estaba xogando de porteiro pola lesión de Jorge) cando éste chegou a atallar o esférico e o dianteiro caeu sobre él. Na protesta por tan vergonzoso penalti foi expulsado o capitán e pichichi Marcos Combo.

* Outra mostra da ineptitude dos colexiados: expulsa a Marcos Combo de palabra (sen amosarlle o cartón vermello) e deixa executar o penalti mentres Marcos aínda está sobre o terreo de xogo. 

Qué pena de verdade!!!

Na segunda con un xogador menos e contra un dos favoritos ó ascenso o equipo de Isma García pouco puido facer.

SEGUIREMOS LOITANDO

#FORZACASX

#SOMOSAMARILLOS

#SISEPODE!

Ningún comentario: