xoves, 30 de xaneiro de 2014

O Infantil Rubén Bernárdez convocado para un adestramento da Selección Galega de Fútbol Sala



O xogador Infantil do Atlético Sobrado Xuventude RUBÉN BERNÁRDEZ foi convocado pola Federación Galega de Fútbol Sala para un adestramento coa Selección Galega da súa categoría o vindeiro día 4 de febreiro en Santiago de Compostela.

Queremos felicitar ó xogador así coma o seu adestrador José Antonio Vázquez "Hassan" coordinador das Escolas Deportivas do Atlético Sobrado Xuventude por que xa son varios os xogadores do Clube que ó longo dos últimos anos teñen asistido as chamadas da Federación Galega de Fútbol Sala. Unha mostra máis do bo facer e do compromiso do Atlético Sobrado por formar xogadores e sobretodo persoas.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ooooleeeeee