venres, 31 de xaneiro de 2014

Xornada 22: Atl. Sobrado Xuventude - C.D. Mesía (A Previa)



Moitas das opcións de permanencia do Atlético Sobrado pasan polo partido de mañá. O equipo debe gañar sí ou sí para sumar de 3 en 3 e achegarse a un rival que neste intre avantaxa ó equipo marelo en 7 puntos na clasificación.

A tarefa non será nada doada pois a pesares de ocupar a antepenúltima posición o C.D. Mesía ten xogadores para poder gañarlle a calqueira equipo: Franqueira, Dani Regos, Mesi ou Abelleira son xogadores que teñen experiencia en categorías máis altas e que neste momento están a prestar os seus servizos ó equipo branco e azul.

Como decíamos antes o Mesía ocupa o posto 16 na clasificación, antepenúltimo con 17 puntos, froito de 4 victorias, 5 empates e 11 derrotas con 25 goles a favor e 39 goles en contra.

A faceta goleadora está moi repartida no C.D. Mesía con Mesi como máximo anotador con 4 dianas, seguido de Franqueira, Kaky e Dani Regos con 3 e Nico, Diego Coiral e Abelleira con 2 tantos.

Dos 4 últimos encontros o Mesía gañou 2 (2-0 contra Almeiras e 1-0 contra Portazgo) e perdeu 2 (1-2 contra Brexo Lema e 3-2 contra Marino de Mera). Se analizamos estas dúas derrotas vemos que foron pola mínima a domicilio e contra os dous primeiros equipos da táboa o que indica que este equipo está indo cara arriba e vai ser un partido moi difícil. Se ben é certo que 16 dos 17 puntos logrounos como local e so conseguiu 1 punto coma visitante, foi contra o Sigrás e o marcador reflectiu empate a 1 gol.

Na retina do Atlético Sobrado aínda está o partido de ida con aquel desconto do colexiado de 8 minutos na segunda metade totalmente fora de lugar cando o Sobrado gañaba 2-3 e no que o Mesía conseguiu o gol do empate na derradeira xogada do encontro, nunha xogada a balón parado. Posteriormente o colexiado decretaría o final do partido.

Por parte marela son baixa segura Fran Miraz, Mario Varela e Rive, Luis Mato con molestias é dúbida.

O partido comezará as 16,15 horas no Municipal de Sobrado e será dirixido polo señor Carlos Martínez Rodríguez. 

SO AGARDAMOS QUE O COLEXIADO NON SE ERIXA EN TRISTE PROTAGONISTA DO ENCONTRO E QUE AS SÚAS ERRONEAS DECISIÓNS IMPLIQUEN A PÉRDIDA DE PUNTOS POR PARTE DO ATLÉTICO SOBRADO COMO OCURREU NAS DÚAS ÚLTIMAS XORNADAS SEN IR MÁIS LONXE.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE


Ningún comentario: