xoves, 6 de febreiro de 2014

Xornada 22: Atl. Sobrado Xuventude - Visantoña C.F. (A Previa)


O Atlético Sobrado enfróntase o domingo a outro partido vital na súa loita pola supervivencia na 2ª Autonómica. Desta volta visita ó campo de "As Brañas" para enfrontarse ó equipo local, o Visantoña C.F. Un encontro que dará inicio as 16,15 horas, horario oficial de febreiro.

O Visantoña C.F., unha escadra que a principio de tempada estaba chamada a ser unha das principais candidatas ó ascenso a 1ª Autonómica chega a esta xornada 22 no posto 13º, con 25 puntos no seu haber para un total de 6 partidos gañados, 7 empatados e 8 perdidos. Suma un total de 31 goles a favor por 35 encaixados.

Javi Ferraces monopoliza a faceta goleadora do equipo branco con 15 dianas, é dicir, moi preto do 50% dos goles do equipo. Para buscar o seguinte goleador do Visantoña hai que baixar ata os 3 goles onde se atopa Risi.

No partido de ida o Visantoña vencera 0-1 no Campo Novo de Curtis con gol de Ferraces e na que tristemente recordamos aquela sangrante e clarísima cesión ó porteiro dentro da área e no desconto que o colexiado non quixo pitar.

Como equipo local o Visantoña C.F. sumou 16 dos 25 puntos cos que conta. Con 4 victorias, 4 empates e 2 derrotas. As dúas derrotas chegaron nos seus dous primeiros partidos coma locatario contra Santa Cruz (0-2) e contra San Martiño (1-2). Nas Brañas suma 18 goles a favor por 12 en contra.

Pero non so Ferraces é o único perigo do Visantoña, pois recentemente o equipo do Concello de Mesía acaba de incorporar a Cachopal, procedente do Abellá de 1ª Autonómica. Un habilidoso e veloz dianteiro que marcou gol nos seus 2 primeiros partidos. Outro punto forte do Visantoña C.F. é o balón parado, onde Sergio, tamén ex do Abellá, é un francotirador nato e calqueira falta preto da área é un martirio para o equipo rival.

Polo que respecta o Atl. Sobrado Hassan non se poderá sentar no banquiño por sanción. Piru e Ale son os xogadores que "se cargou" o colexiado a semana pasada e polo tanto terán descanso esta fin de semana.

Hassan espera recuperar a Mario Varela, Luis Mato e Fran para este apaixoante encontro no que de gañalo, o C.A.S.X. daría outro importante paso para ir achegándose ós rivais que loitan pola salvación e metería de novo ó Visantoña na pomada habida conta que é moi probable que este ano haxa os tan temidos arrastres desde categorías superiores.

Xa imos preparados para calqueira aventura que  nos poida suceder coa arbitraxe do partido. Visto os últimos partidos non creo que nada nos sorprenda xa... ou sí...

XUVENÍS: Atl. Sobrado Xuventude - Sta. Cruz C.F.

O equipo de Isma García recibe o sábado a partires das 16,15h no Municipal ó Santa Cruz C.F. penúltimo clasificado con 7 puntos. O adestrador sobradés agarda poder contar con efectivos suficientes para poder dispoñer de un 11 xa que no último partido o equipo tívose que presentar con tan so 7 fichas federativas.


Ningún comentario: