luns, 10 de febreiro de 2014

Os árbitros séguennos chuleando puntos (A Crónica)



De novo o colexiado volve a perxudicar o C.A.S.X. con un penalti que él mesmo recoñece que se "comeu" unha vez finalizado o partido / Erro descomunal no inicio do 2º gol do Visantoña: Fora de Xogo e fora a favor que se volve en contra / Partido feo nunha desapacible tarde


Xa íbamos "sobreaviso" e unha vez máis completouse outra penosa actuación arbitral que volve a perxudicar os nosos intereses.



Por moito que o ente arbitral nos siga a perxudicar non nos imos cansar de decilo, xa chega un punto que isto é cansino, ter que repetir cada semana o mesmo... e non é excusa de mal pagador ó perder xa que a semana pasada gañamos e saimos perxudicados igual. SEÑORES APRENDICES DE ÁRBITROS, QUEDÁDEVOS NA CASA E DEIXADE DE CHORIZAR CARTOS!



Nunha fría e desapacible tarde con vento e auga o C.A.S.X. caeu 2-1 nas Brañas contra o Visantoña C.F. Nun encontro onde houbo unha parte para cada conxunto. O aire a favor fixo ó Visantoña dominar os primeiros 45 minutos e na segunda metade ó Atlético Sobrado foi o que levou a manixa do encontro.



Pouco que reseñar na primeira metade: o 1-0 chegaría no minuto 39 por mediación de Candal de cabeza nunha xogada de estratexia. O 2-0 viría 2 minutos despois nunha xogada onde o xogador local Ezequiel arranca nun clarísimo fora de xogo que o árbitro, mal posicionado toda a tarde, se "traga"; Alberto loita por defender o ataque, despexa, o esférico pega en Ezequiel pero o colexiado pita saque de banda a favor dos locais (2 ERROS NUN), no saque de banda chegaría o gol de Freso.



Antes do descanso o C.A.S.X. ía recortar distancias logo de unha falta que Chino executa forte e raso, o cancerbeiro erra no despexe, o balón queda morto e finalmente Candal no seu intento de alonxar o perigo marca en propia porta.



Na segunda metade o C.A.S.X. fixo méritos maís que suficiente para conseguir sumar pero entre as numerosas perdas de tempo dos locais  sempre permitidas polo colexiado (non se xogaron nin 20 minutos) e o penalti por agresión a Chino que non quixo pitar pero que despois o finalizar recoñeceu que o tragara (ALGO INCOMPRENSIBLE POR QUE SE RECOÑECES QUE O VICHE POR QUE CARALLO NON O PITAS???) pois foi totalmente imposible non sair derrotados da As Brañas. Máis puntos para o déficit que o estamento arbitral ten co noso equipo esta tempada... SUMA E SEGUE. 



Sinceramente a min caeríame a cara de vergonza vir coa actitude que veñen "algúns" elementos arbitrar: sen gañas, con pasotismo, sen ansia..., VERGONZOSO!



E repito, ímolo seguir denunciando cada semana, por que sinceramente, ESTAMOS ATA O CARALLO DE CORRUPCIÓN NA ARBITRAXE!



Once Inicial: David, Miguel Combo, Alberto, Esteban, Mario Novo, Anxo, Iago Corral, Isak, Luis Mato, Jaco, Chino (c)



Banquiño: Martín, Dami, Tomás Miraz



XUVENÍS: Atl. Sobrado 6 - Santa Cruz C.F. 1



Cómoda goleada do equipo que adestra Isma García. Miguel López por partida dobre, Marcos Combo, Martín, Lucas e Iván Núñez foron os goleadores.

Ningún comentario: