venres, 14 de febreiro de 2014

Xornada 23: Atl. Sobrado Xuventude - CCD Queixas




Difícil compromiso o que afrontarán os homes de Hassan nesta fin de semana. Visita o Municipal de Sobrado o 4º clasificado, o C.C.D. Queixas do Concello de Cerceda.

O conxunto branco está en clara progresión de resultados con 12 partidos gañados, 2 empatados e 8 partidos perdidos sumando un total de 38 puntos. Dispón de 45 goles a favor por 37 goles en contra.

No partido de ida o C.A.S.X. caera pola mínima 3-2, se ben é certo que o equipo marelo marcou os 2 goles nos derradeiros minutos de encontro.

O Queixas contra con un amplo potencial goleador sendo Álvaro con 13, Minguilla con 9 e Borja con 6 goles os seus máximos artilleiros. Un equipo que xenera moitas ocasións de perigo e que dispón de diferentes recursos para facer dano o equipo rival.

Pola súa banda, o Atlético Sobrado chega o encontro centrado en poder facer do Municipal un fortín e mosqueado polo tema arbitral, que xa empeza a ter un olor máis que podre...

Será baixa Luis Mato que cumple ciclo de amonestacións, o resto de equipo estará dispoñible para Hassan. 

O encontro comezará as 17,00 horas e agardemos que o fútbol sexa o gran protagonista deixando a un lado climatoloxía e arbitraxes de dubidosa inocencia.

XUVENíS: CD Larín - Atl. Sobrado Xuventude

Nun principio o encontro íase xogar mañá as 16,00 horas no Campo de Freán (Uxes) en céspede artificial mais debido a Cicloxénese que afectou esta madrugada a Galicia o citado esceario de xogo sufriu serios desperfectos. Así pois, tras unha rápida comunicación entre CD Larín e Atlético Sobrado decidimos con urxencia trasladar o partido as 18,00 horas e xogalo no Campo de Terra que o CD Larín dispón nas súas propias instalacións (un aprazamento do encontro houbera sido un verdadeiro quebradeiro de cabeza para atopar data).

SORTE E ÁNIMO OS DOUS EQUIPOS!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE

Ningún comentario: