venres, 21 de febreiro de 2014

Xornada 24: Cire Melide - Atl. Sobrado (A Previa)



Derbi comarcal por todo o alto o vindeiro domingo a partires das 16,15 horas no Municipal de Melide. Os dous representantes da Comarca Terra de Melide na 2ª Autonómica, o Cire Melide C.F. e o Club Atlético Sobrado Xuventude enfróntanse nun partido onde a situación de un e outro conxunto nada ten que ver.

O Cire Melide chega ó derbi nun momento doce da tempada, conta por victoria os seus 3 últimos partidos contra rivais da entidade de San Martiño, Larín e Visantoña. Ocupa a 8ª praza con 34 puntos o que indica que o conxunto que adestra Popas está a facer unha gran campaña

O conxunto azulón dispón ata o de agora de 10 partidos gañados, 5 empatados e 9 perdidos, con un balance de goles de 44 a favor e tamén 44 en contra.

Especial atención ó seu dianteiro Borja, pichichi destacado da categoría con 19 goles. Pero o equipo de Hassan non debe focalizar a atención so neste xogador pois o seu irmá Manu tamén conta con 8 dianas..., así mesmo outro gran dianteiro como é Popitas, que ten 7 dianas nestes momentos será outro importante quebradeiro de cabeza para o Atlético Sobrado.

O Cire Melide ten prácticamente selada a súa permanencia na 2ª para a vindeira tempada e está en pleno dereito de opositar a estar nas prazas altas da táboa ó final da tempada. O seu gran traballo así o está a demostrar.

No Municipal de Melide so o líder Marino de Mera foi quen de gañar (0-2) no resto de partidos o Cire amosouse moi fiable no seu feudo con 6 victorias e 4 empates sumando 24 goles a favor por 12 en contra.

No partido de ida o Cire venceu en Sobrado 1-2 nas postrimerías do encontro con gol de Pablo Remeseiro a falta de 2 minutos para o final do partido xusto o día que o C.A.S.X. volvía á casa logo de xogar os primeiros partidos da tempada no Campo Novo de Curtis.

Pola súa banda o Atlético Sobrado chega a este partido acuciado pola falta de puntos e coa necesidade imperiosa de puntuar para poder ter opcións de permanencia. Quedan 11 finais e como tal as debe tomar o equipo.

Parece que por fin se poderá ter unha convocatoria en condicións con 16 xogadores. Fran podería volver logo de varias xornadas afastado dos terreos de xogo. O ano pasado o C.A.S.X. gañara en Melide 0-1 con gol de Mario Varela nun trepidante e intenso partido onde o equipo traballou a reo para levarse os 3 puntos e amosou unha das caras máis serias de toda a campaña do Ascenso.

XUVENÍS: Atl. Sobrado - Burgo

O equipo de Isma García recibe a un Burgo que é recordado do partido de ida polos incidentes que amosaron varios "impresentables" da grada local. Por enriba do fútbol o máis importante é darlles unha clase de civismo e de como se comporta a xente con educación e respeto, por que non o olvidemos, os protagonistas principais son os futbolistas, e eses futbolistas na maioría dos casos non chegan a maioría de idade así que o que queira montar números na grada que non veña o fútbol e vaia ó circo por que aí é onde está o seu habitat natural.

Ningún comentario: