luns, 24 de febreiro de 2014

Xornada 24: Derrota pola mínima no derbi


O Atlético Sobrado caeu pola mínima no derbi comarcal contra o Cire Melide. O equipo que adestra Popas impúxose 2-1 con doblete do pichichi da categoría Borja Casal. Por parte marela marcou Chino de penalti.

O equipo séguelle a faltar esa dose de fortuna e certos momentos do partido para subir un escalafón a arrañar puntos nos partidos. A gran maioría de derrotas de esta tempada producíronse pola mínima. Toca seguir remando.

Polo que respecta ó encontro non o poido resumir pois non puiden asistir. Adiantaríase o Cire por mediación do Borja na primeira metade. Co 1-0 chegouse ó descanso. Volvería a marcar Borja mediada a segunda metade. A falta de 12 minutos para o final Chino reduciría distancias grazas a unha pena máxima.

XUVENÍS: Atl. Sobrado 2 (Miguel López / Iván Santos)  - Burgo 2

Meritorio empate do equipo de Isma García que xogou en inferioridade todo o encontro por falta de efectivos. Comezou o partido con 9 xogadores e a partir do minuto 20 puido xogar con 10. Os goles foron obra de Miguel López e Iván Santos.

Ningún comentario: