Mañá visita o Municipal de Sobrado o C.D. Sigrás, antepénultimo clasificado con 18 puntos. O equipo blaugrana suma no que vai de liga 4 victorias, 6 empates e 16 derrotas. Dispón de 21 goles a favor (é o equipo menos goleador da categoría) e 51 goles en contra.
11 dos 18 puntos do Sigrás foron logrados fora da casa: victorias en Queixas 0-2, Pastoriza 2-3 e Larín 1-4 e empates en Almeiras 1-1 e contra o Obrero 2-2.
O equipo que adestra Cañás distribue os goleadores da seguinte maneira: Cristian Taboada (5), Kike (3) e Andrade, Rubén Martínez, Yeray, Dominic e Nacho (2).
Por último destacar que causan baixa por sanción no equipo visitante Carlos Cañón e Daniel Vázquez.
Por parte marela, mañá preséntase unha das últimas balas por intentar salvar a difícil permanencia. Penúltimo contra último. Seguro que a escadra de Hassan sairá a por todas desde o minuto 1.
No partido de ida o resultado fora de empate a 0 nun feo partido no Dani Mallo de Cambre. Agardemos que mañá o fútbol sexa máis vistoso.
Hassan podería reforzar o equipo con xogadores do equipo Xuvenil pois esta semana teñen xornada de descanso.
#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE
Ningún comentario:
Publicar un comentario