luns, 17 de marzo de 2014

Xornada 27: Fé, esperanza e CASX


O equipo de Hassan remonta un 1-2 en contra logo do descanso. Os marelos siguen crendo na miragre. Doblete de Isak e gol de Chino. O equipo da a cara a pesares das numerosas baixas.

ATL. SOBRADO XUVENTUDE 3 - A.D. CULLEREDO 2

A Máquina Amarilla resolveu con victoria unha nova afrenta na súa loita pola salvación. Quero destacar o pundonor, a garra e o carácter de este equipo, pois a pesares de encontrarse mil situacións adversas ó longo da tempada é un equipo que sempre volve, xamáis se da por derrotado e segue crendo que todo é posible ata que remate a Liga o 11 de maio.

O equipo de Hassan afrontou o encontro con un plantel moi mermado, con tan so 1 cambio, o de Luis Mato que non se encontraba nas condicións óptimas para poder competir debido a un proceso gripal e coas baixas de última hora de Piru, Ale, Mario Varela e Antonio.

Unha vez máis o equipo marelo comezou a remolque, sería no minuto 16 cando o Culleredo se adiantaría por medio de Diego. Non tardaría moito tempo en responder o C.A.S.X. e por medio do seu pichichi Chino empataría no minuto 31. Mais, o Atl. Sobrado aínda levaría outro mazazo antes do descanso o adiantarse de novo os visitantes, desta volta por medio de Loren no minuto 39.

No descanso o conxunto marelo conxurouse en sair a por unha victoria vital para seguir aspirando a salvación e así o fixo.

Isak por partida dobre, primeiro no minuto 61 e despois a tan so 7 minutos do final do encontro fixo posible unha victoria tan importante como necesaria que permite achegarse ó C.A.S.X. a varios dos equipos que estan loitando pola permanencia e que debido a outros resultados que se deron nesta xornada, comprime máis aínda a táboa clasificatoria estando ata un total de 10 equipos en perigo de descenso con 21 puntos aínda en xogo.

Para a semana o C.A.S.X. visita ó Burgo o domingo a partires das 17,00 horas noutro partido onde a victoria sería máis que importante.

ONCE INICIAL: David, Miguel Combo, Jaco, Mario Novo, Esteban, Anxo, Iago Corral, Dami, Chino, Fran, Isak.

BANQUIÑO: Luis Mato.

XUVENÍS: ATL. SOBRADO 10 - U.D. PAIOSACO 0

Non tivo piedade do colista o equipo que o sábado adestraron Isak e Luis Mato endosándolle un contundente 10-0. Os goles foron obra do pichichi do equipo Marcos Combo (3), Iván Santos (3), Iván Núñez (3) e Miguel López.

Para a semana o equipo marelo visita ó Órdenes B.

Ningún comentario: