venres, 21 de marzo de 2014

Xornada 28: Sp. Burgo - C.A.S.X. (A Previa)



Unha nova final afrontarán os homes de Hassan o domingo a partires das 17,00 horas no Campo de A Lavandeira (O Burgo - Cambre).

O Atlético Sobrado visita ó Sporting Burgo de novo cos ánimos a tope logo da importante victoria da pasada xornada contra a A.D. Culleredo.

O C.A.S.X. visita un rival directo na loita pola salvación. Actualmente o Sporting Burgo ocupa a 14ª praza na táboa con 31 puntos. Unha victoria marela faría subir enormemente as posibilidades do equipo de Hassan de acadar o ata hai pouco impensable soño da permanencia.

O Sp. Burgo suma 10 victorias, tan so 1 empate e 16 derrotas con 40 goles a favor e 49 en contra.

Os partidos do Sporting Burgo  en A Lavandeira teñen sabor a 3 puntos, tanto para locais coma para visitantes: 8 victorias visitantes, 5 locais e ningún empate. O Sporting Burgo conta os 3 últimos partidos na casa por derrotas, contra San Martiño, Visantoña e Cambre. Confiemos en que a Máquina Amarilla consiga ampliar esa racha de derrotas.

Os máximos goleadores do equipo celeste son Fernando con 9, Andrés con 8, Raúl con 6 e Dani Arias con 4 tantos.

Pola súa banda, Hassan confía en recuperar efectivos para domingo pois o pasado partido so tivo 11 xogadores dispoñibles máis Luis Mato aqueixado de unha forte gripe. É dúbida Piru que sufre unha lesión nun nocello.

O partido podédelo seguir coma sempre vía online na conta de Twitter oficial do Clube @AtleticoSobrado.

XUVENIL: ÓRDENES "B" - C.A.S.X.

O equipo de Isma García visita mañá o campo de Vista Alegre en Ordes para enfrontarse ó Xuvenil B do conxunto verde. O equipo local viaxa antepenúltimo na clasificación. O encontro comeza as 18,00 horas.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE

Ningún comentario: