venres, 28 de marzo de 2014

Xornada 29: CASX - SDC Pastoriza C.D. (A Previa)



Todo o que queda ata o final de campaña son finais e mañá chega probablemente a máis importante. O C.A.S.X. recibe a un rival directo como é o Pastoriza que agora mesmo ocupa a última posición con 13 puntos froito de 4 victorias, 1 empate e 23 derrotas. Con 34 goles a favor por 76 goles en contra.

Os máximos goleadores do equipo arteixán son: Edu (13), Dani (6) e Manute 6).

O equipo visitante chega nunha mala xeira de resultados, os 11 últimos partidos contaos por derrotas. Polo que respecta os seus números coma visitante ten 11 derrotas, 1 empate (contra o Obrero no Pardo Conchado 3-3) e ningunha victoria. Con 13 goles a favor por 40 en contra.

No partido de ida o C.A.S.X. sufriu un duro correctivo no campo do Pastoriza caendo por un contundente 4-0 nun dos peores partidos da tempada.

Pero o C.A.S.X. nesta segunda volta é outro, sobretodo na casa que se está a amosar forte e é onde está a sumar puntos.

Para mañá son baixa segura Jaco e Esteban e é dúbida Dami por lesión. O resto do plantel está dispoñible para Hassan.

O partido comezará as 16,30 horas no Municipal de Sobrado e podédelo seguir online na nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: CASX - Visantoña C.F.

O equipo de Isma García recibe ó Visantoña C.F., equipo que o antecede na clasificación. O Visantoña ocupa o 8º lugar na táboa con 6 puntos máis que o noso equipo. Mañá presentase unha gran oportunidade para recurtar diferencias e poñerse a tan so 3 puntos do equipo branco.

* DESDE AQUÍ AGRADECER TANTO A SDC PASTORIZA COMO A VISANTOÑA C.F. A SÚA DISPOÑIBILIDADE PARA CAMBIAR OS HORARIOS DOS ENCONTROS.

GRAZAS!!!

Ningún comentario: