luns, 31 de marzo de 2014

Xornada 29: Parada Capital (A Crónica)


David detén unha pena máxima con empate a 0 no marcador e cambia o rumbo do encontro. Mal partido do Atl. Sobrado en liñas xerais. Dami abriu o marcador. Chino acadou un hat-trick en 4 minutos. O CA.S.X. séguese aferrando as matemáticas para a salvación.

No mundo do fútbol unha xogada pode cambiar o rumbo de un partido. O Atlético Sobrado estaba a facer un moi mal encontro co equipo desganado, os visitantes tendo claras ocasións de gol e no que parecia que o partido acabaría caendo do lado visitante... no minuto 55 o colexiado Pardiñas García decretou penalti a favor do Pastoriza. O capitán marelo e porteiro David, instantes antes do lanzamento insistiu un par de veces que ía parar a pena máxima e así o fixo. Lanzou o penalti o máximo goleador do Pastoriza Edu, disparo esquinado ó lado esquerdo de David, estirada colosal do cancerbeiro sobradés para mandar o balón a córner. Iso serviu para que o C.A.S.X. tomara impulso, espabilara e acabara vencendo.

Na primeira parte, poucas noticias en ataque do C.A.S.X apenas un par de disparos perigosos que se foron fora, un de Luis Mato e outro de Naveira. O Pastoriza empuxaba máis e mellor e púidose ir ó descanso gañando se non é por 3 grandes intervencións de David e o pao que repeliu un disparo visitante.

Como dixen logo do penalti todo cambiou, do penalti que parou David no minuto 55 ó gol de Dami no minuto 57 so se meteu no medio un saque de esquina a favor dos visitantes, rouba o C.A.S.X. que monta unha rápida contra, excelente pase de Naveira a Dami, que regatea o porteiro visitante que sal fora da área a desesperada e con dous defensas rivais na liña de gol Dami chuta e marca. Era o 1-0.

Mellorou algo o xogo e actitude do C.A.S.X. logo de este gol con un incisivo Luis Mato por banda dereita do ataque dos homes de Hassan. 

A sentencia chegaría no minuto 87, pase de Pablo Naveira o interior da área onde se encontra Chino, o control do pichichi do C.A.S.X. parece que se vai longo pero Chino fai unha estirada soberbia para sacar un forte chut e clavar o segundo logo de que o esférico impactase no pao. Golazo!

Un minuto despois chegaría o 3-0 logo que de novo Chino aprobeitase un herrático despexe do gardamallas visitante, recibe a altura de medio campo e sen pensalo chuta coa súa perna menos boa, a esquerda, o esférico entra mansamente na portería do Pastoriza minuto 88.

Pero aínda habería tempo para un gol máis, outro gol de bela factura. Falta a altura de medio campo que executa un Miguel Combo que tivo unha precisión exquisita en todas e cada unha das faltas que sacou na tarde do sábado, o esférico chega a altura do punto de penalti onde Chino, sen deixala caer engancha unha volea coa súa perna esquerda a que nada puido facer o gardamallas visitante. 4-0 e tras a posterior celebración do gol que supoñía o Hat-Trick do "killer" sobradés o colexiado decretaba o final do encontro.

Gran resultado habida conta das numerosas baixas que tivo que sufrir o equipo de Hassan: Esteban, Jaco, Mario Varela, Rive, Antonio, Fran e Luis Ibáñez.

O C.A.S.X. subiu un posto na xeral e agora ocupa a antepenúltima praza por riba de Pastoriza e Sigrás. Agora queda a 12 puntos da salvación que marca o Burgo (se non hai arrastres) con 15 aínda por disputarse. Está moi complicado pero mentres as matemáticas non digan o contrario seguiremos loitando polo noso soño de permanecer en 2ª Autonómica.

Once Inicial: David (c), Miguel Combo, Ale (Mario Novo 73´), Piru, Anxo, Iago Corral, Chino, Luis Mato, Dami, Naveira, Isak.

Goles:

1-0 Dami (57´)
2-0 Chino (87´)
3-0 Chino (88´)
4-0 Chino 90´)

Cartóns Marelos: 

Chino (15´)
David (55´)

Cartóns Vermellos: -



XUVENÍS: ATL. SOBRADO 2 - VISANTOÑA 4


Derrota do equipo de Isma García no penúltimo partido da tempada como local. O cadro marelo viuse superado polo Visantoña. Os goles locais foron ambos do pichichi Marcos Combo. As expulsións de Brais e Caske deixan moi mermado de efectivos ó equipo para o encontro da vindeira xornada en San Pedro.

Ningún comentario: