luns, 7 de abril de 2014

Xornada 30: Derrota contundente (A Crónica)


O Atlético Sobrado sae goleado de Lema (5-0). Con esta derrota o C.A.S.X. certifica de xeito matemático o descenso. De novo as decisións arbitrais poñen o encontro costa arriba.

Saiu goleado de xeito doloroso o C.A.S.X. da súa visita a Os Pinares en Lema. O equipo marelo caeu por un contundente 5-0 fronte a un gran rival, que amosou por que é serio candidato ó ascenso a 1ª Autonómica.

Comezou o encontro con un dominador Brexo levando perigo a meta de David máis sería o Atlético Sobrado quen dispuxo da primeira ocasión sería, nun lanzamento no que o esférico pega claramente na man de un defensor do Brexo Lema dentro da área... o colexiado non quixo ver nada...

Si vería man un minuto despois, concretamente na área do C.A.S.X. un despexe de Esteban pega na man de Miguel Combo que está de espaldas á xogada. Ahí o colexiado sí que non dubidou un intre e decretou pena máxima... xa se sabe..., sen comentarios!

O penalti executaríao Álex Naveira facendo o 1-0, corría o minuto 14. 2 minutos máis tarde novo despropósito arbitral, Chino conduce o esférico en medio campo, o mediocentro local Abdou arrolla literalmente  o pichichi do C.A.S.X. nunha falta completamente grotesca, o trenciña manda seguir e na contra o Brexo Lema marca o segundo gol obra de Codesal (minuto 16).

A partir de ahí e co partido moi costa arriba o C.A.S.X. descompúxose e en ningún momento estivo cómodo no terreo de xogo.

No  minuto 21 chegaría o 3-0 obra de Álex Naveira. Con ese resultado chegouse ó descanso.

Pouca historia tivo a segunda metade, o Brexo Lema seguiu atacando mentres un apático e irrecoñecible Atlético Sobrado era mero espectactador do encontro. Marcaría Fran Ramos o 4-0 no minuto 71 e repetiría no  minuto 82. A ocasión máis clara do encontro para a Máquina Amarilla nun man a man de Pablo Naveira tras maxistral pase de Mario Varela. O tiro do dianteiro marelo saiu bicando o pao.

Con este resultado o C.A.S.X. é novo equipo de 3ª Autonómica máis a competición non rematou e o equipo vai seguir loitando por sumar puntos. Xa se sabe como son estas categorías e como é cada final de tempada no que a veces hai sorpresas e incluso poden ser positivas.

ONCE INICIAL: David (c), Miguel Combo (Jaco 45´), Piru, Mario Novo (Mario Varela 45´), Esteban, Anxo, Chino, Iago Corral, Luis Mato (Pablo Naveira 68´), Isak (Fran 61´), Dami.

Cartóns Marelos:

Piru 60´
Fran 84´

Cartóns Vermellos: -


XUVENIL: Atl. San Pedro 3 - C.A.S.X. 1


Quédanseme curtas as palabras de eloxio que lles poida adicar a expedición do equipo Xuvenil que viaxou o sábado a San Pedro. Non é doado viaxar con tan so 8 xogadores para intentar competir, e iso foi o que fixo o equipo de Isma García.

A Minimáquina Amarilla foi quen de adiantarse no marcador con gol obra de Miguel López e incluso chegar por diante ó descanso. Con 3 homes menos a segunda parte fíxose moi longa e finalmente o equipo acabou perdendo 3-1. Resaltar que aínda así o Atlético Sobrado tivo oportunidades de sobra para levarse o encontro pero non era o día e a puntería estaba desviada.

Grazas a todos e cada un dos integrantes da expedición: VOS SODES O FUTURO DO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE!

Ningún comentario: