venres, 11 de abril de 2014

Xornada 31: C.A.S.X. - Santa Cruz C.F. (A Previa)



Mañá visita o Municipal de Sobrado o 7º clasificado da Liga, o Santa Cruz C.F. O equipo blaugrana cuallou unha espectacular primeira volta de competición loitando con Marino, Brexo Lema, Cambre e Portazgo nos 5 primeiros postos. Agora na segunda volta parece que aflouxou un pouco o espectacular ritmo de puntos que levaba.

Os de Oleiros suman 44 puntos froito de 12 victorias e 8 empates. No cadro das derrotas estas sitúanse en 10. Dispón de 56 goles a favor por 52 en contra.

Como visitante os seus números son: 4 victorias (todas conseguidas na 1ª volta), 5 empates e 5 derrotas. Con 28 goles en contra por 21 a favor.

O pichichi do equipo Luisete (21) marchou hai algunhas xornadas para o Vizoño S.D. de 1ª Autonómica así que será un quebradeiro de cabeza menos para os homes de Hassan. 

Así pois a responsabilidade goleadora do Santa Cruz recaerá en Vidal (10), Pedro (5), Meirama (4) ou Necho (3).

Por parte marela mañá será un partido no que haberá moitas baixas: Piru, Anxo e Fran son baixas seguras así coma Iago Corral que se vai cedido o equipo Xuvenil do Betanzos C.F. ata final de tempada. Ademáis varios xogadores son dúbida.

Así pois Hassan terá que facer grandes retoques na aliñación con respecto á semana pasada para elaborar o 11.

Unha vez consumado o descenso de categoría agora a motivación está en sobrepasar ó C .D. Sigrás, sumar o maior número de puntos posibles e agardar a ver que pasa por se hai "sorpresa".

O equipo seguirá dando a cara como o fixo nos anteriores 30 partidos.

O partido comeza as 17,00 horas e podédelo seguir Online pola nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: PASTORIZA - C.A.S.X.

O equipo de Isma García desprázase por segunda semana consecutiva. O equipo viaxa a Pastoriza para enfrontarse o equipo local no campo de Oseiro. Varios xogadores son dúbida así pois haberá que agardar nas próximas horas para saber con cantos efectivos se conta para o antepenúltimo partido da tempada. O encontro será mañá as 17,00 horas.


Ningún comentario: