luns, 14 de abril de 2014

Xornada 31: Derrota in extremis (A Crónica)


O Atlético Sobrado volve a ver como se lle van puntos nos últimos minutos. Partido irregular dos marelos. Excelente arbitraxe da colexiada Rodríguez Cruz. Isak autor do gol local.

Volveron os fantasmas do pasado; o Atlético Sobrado veu como un gol de Vidal no minuto 88  privaba os pupilos de Hassan de acadar como mínimo o empate.

O encontro comezou con susto, excelente falta executada por Vidal e soberbia estirada de David que logra rozar o balón, o esférico pega na cruceta e pasease pola liña de gol sen que ningún xogador visitante chegue para empurrar a pelota o fondo das mallas.

Reclamou penalti o Santa Cruz por unhas mans involuntarias dentro da área de Ale, a colexiada explicoulle o equipo visitante no descanso que era certo que lle daba na man pero que non o pitaba por que era totalmente involuntario e coa velocidade que ía o balón era imposible poder  reaccionar e retirar a man. Chapeau pola colexiada!

O máis destacable na primeira metade do C.A.S.X. un tiro de Chino o pao e as soberbias paradas de David que mantiveron con vida á Máquina Amarilla.

Na segunda metade chegarían os goles, o 0-1 sería obra de Juanca no minuto 53 nun remate de cabeza a saida de unha falta. Non andivo fino o noso conxunto nas marcas na tarde do sábado.

Empataría Isak no minuto 71 nunha contra magníficamente levada por Dami.

Chino tería o 2-1 nas súas botas, nun magnífico disparo que foi pegar no pao para posteriormente sair fora.

Reclamou  penalti o C.A.S.X. por mans claras dentro da área de un defensor visitante pero a colexiada entendeu que tamén eran involuntarias.

E cando parecía que habería empate chegou o 1-2 do Santa Cruz. De novo falta mal defendida, remate de cabeza, David fai unha estirada colosal, o rexeite pega no pao e cáelle a Vidal que sen marca so ten que empurrar o esférico ó fondo da rede, levándose así os 3 puntos para Oleiros.

Quero destacar a magnífica laboura arbitral da Patricia Rodríguez Cruz. Moi dialogante con ambos conxuntos, explicando as dúbidas existentes, excelente aplicación do regulamento. Sempre atenta e con actitude nada chulesca..., todo o contrario ó que vimos na gran maioría dos 30 partidos anteriores. Espero e desexo que esta colexiada chegue lonxe porque facía moito tempo que non vía unha arbitraxe tan boa.

Para a vindeira semana haberá parón polas vacacións de Semana Santa.

ONCE INICIAL: David (c), Miguel Combo, Ale, Esteban, Mario Novo, Mario Varela, Antonio, Chino, Dami, Isak, Jaco.

BANQUIÑO: sen cambios

GOLES: 0-1 Juanca 53´ / 1-1 Isak 71´ / 1-2 Vidal 88´

CARTÓNS MARELOS: Miguel Combo 41´ Chino 54´ Mario Varela 79´

CARTÓNS VERMELLOS: -


XUVENÍS: Pastoriza 4 - C.A.S.X. 1

Non puido traer puntos o equipo de Isma García da súa viaxe a Pastoriza. A Minimáquina Amarilla comezou adiantándose no marcador no minuto 15 froito de un penalti transformado polo pichichi Marcos Combo. O Pastoriza amosou o porqué da súa boa clasificación e acabou goleando os nosos xuvenís.
Para a semana, o igual que o primeiro equipo haberá xornada de descanso.


Ningún comentario: