sábado, 6 de setembro de 2014

Xornada 1: Comeza a Liga 14/15 (A Previa)


Boas a tod@s amig@s, seguidores, soci@s e simpatizantes do Club Atlético Sobrado Xuventude. 

Mañá comeza a Tempada 14/15 na 3ª Autonómica Grupo III que é onde estará encadrado o equipo Senior do Club Atlético Sobrado Xuventude.

Salientar algunha novidade como que haberá 3 voltas no lugar de dúas por mor dos escasos equipos que militarán neste grupo (11 para ser exactos). Mala nova para unha competición, a 3ª, cando na categoría federada hai tan poucos equipos e máis se pensamos que non fai tantas tempadas militaban 16 ou 17 escadras. Algo pasa.. e os que dirixen o fútbol galego deben facer autocrítica e pensar que o que non se está facendo de xeito correcto...

Dar a benvida a Miguel Liboreiro (está de volta tras o seu periplo por Londres), a Manu Costoya, Osky, José Luis, Martín Novo, Bruno e Manu Paderne, novos xogadores do noso Clube. Desexarlles a mellor das estancias no Atlético Sobrado e que sexa unha longa época chea de triunfos e de diversión.

Mañá o equipo comeza a Liga á domicilio, no campo de "A Chousa", Pontecarreira (Frades) contra ó títular do terreo de xogo: a S.D. Pontecarreira. O encontro comezará as 17,00 horas.

A primeira convocatoria de Hassan (recordemos 16 xogadores) está composta por:

David, Miguel Combo, Martín, Iago, Dani Martínez, Mario Novo, Isma, Anxo, Miguel Liboreiro, Manu Costoya, Tomás, Fran, Iván Núñez, Isak, Naveira e Manu Paderne.

Desexarlle a maior das sortes o equipo na tempada e sobretodo que disfruten do fútbol e a amizade.


#ALIGAISONFIRE
#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997


Ningún comentario: