martes, 23 de setembro de 2014

Xornadas 1, 2 e 3: Non é como se empeza, senón como se acaba


Antes de nada permitídeme excusarme por non ter actualizado o blog do Clube ata o día de hoxe por falta de tempo. A partires de agora por fin poderemos ter a actualidade do CASX a diario.

Calqueira que vira os 3 partidos que disputou a Máquina Amarilla no que vai de liga e ver que o noso conxunto saiu derrotado nos 3 envites non o pode explicar.

O conxunto de Hassan foi superior os seus rivais nos citados partidos pero a realidade é que saiu derrotado pola mínima, 1-0 contra Pontecarreira, 1-2 contra Vizoño B e 2-1 o pasado domingo contra o Mesón do Bento.

O que está claro que todo o que veña a partir de agora vai ser mellorar por que peor as cousas non poden sair...

Este equipo ten fútbol, calidade e coraxe de sobra para sacar adiante os partidos, a fortuna non está a acompañar pero todos eses tiros que están indo ó pao e o longueiro acabarán entrando... abofé que sí.

XORNADA 1: Pontecarreira 1 - C.A.S.X. 0

2 tiros fixo a Pontecarreira en todo o partido (1 foi gol), o C.A.S.X. tirou unha o pao e outra ó longueiro, ademáis de diversas claras oportunidades que se foron ó limbo. Penalti clamoroso a Isak non pitado.

XORNADA 2: C.A.S.X. 1 (Luis Mato) - Vizoño B 2

Un gol no inicio de cada metade doulle a victoria ó filial do Vizoño. Luis Mato con un golazo de longa distancia puxera o momentáneo empate a 1 gol antes do descanso. De novo os paos  e o cancerbeiro visitante evitaron que o C.A.S.X. puidese sacar algún punto.

XORNADA 3: Mesón do Bento 2 - C.A.S.X. 1 (Manu Costoya)

Inmerecida derrota marela nun pésimo arbitraxe no que primou as protestas visitantes polas faltas sufridas que as patadas dos locais. Arbitraxe con unha actitude absolutamente chulesca e pésimo coñecemento do regulamento. Hassan foi expulsado por facer observacións ó trenciña. O Mesón foise gañando 2-0 ó descanso en duas xogadas nas que o equipo marelo non estivo ben defensivamente. De novo ó longueiro interpúxose entre o C.A.S.X. e o gol, nun remate de cabeza de Luis Mato. O C.A.S.X. gozou de ocasións de sobra para lograr os 3 puntos pero so puido materializar unha de cabeza obra de Manu Costoya no minuto 89.

Agora toca pensar en que faltan 29 partidos en disputa e polo tanto todo o pescado por vender. Sábado visítanos o Bribes e toca reaccionar e comezar a reflectir o bo xogo en resultados.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS






Ningún comentario: