xoves, 2 de outubro de 2014

Xornada 4: A sorte segue esquiva


O equipo marelo volve a perder pola mínima nun partido no que mereceu os 3 puntos. Unha vez máis os paos, o cancerbeiro visitante e a falta de acerto cara o gol fan que o C.A.S.X. remate o partido sen puntuar.
Esta mala sorte que nos persegue cambiará!

ATL. SOBRADO 1 (Manu Paderne) - Sp. Bribes 2

Atl. Sobrado: David, Miguel Combo, Iago, Mario Novo (Isma 79´), Dani, Isak, Manu Costoya (Tomás 66´), Manu Paderne (Osky 69´), Naveira, Iván Núñez, Fran.

Goles: 1-0 (Manu Paderne 3´), 1-1 Sergio Rama (Penalti 41´), 1-2 Óscar Vázquez 62´

Cartóns Marelos:

Atl. Sobrado: -

Sp. Bribes: Óscar García 69´, Pablo Muñiz 79´

Colexiado: Vázquez Passanante, Santiago
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha vez máis e xa van 4 esta tempada o C.A.S.X. caeu derrotado e de novo pola mínima. Segue a ser incrible a cantidade de goles que está a perdoar o conxunto marelo e que á postre estanlle a costar puntos. O sábado no Municipal non foi unha excepción...

Comezaba do mellor xeito posible o partido para o conxunto de Hassan con un madrugador gol do xuvenil Manu Paderne no minuto 3 nun bo remate de cabeza. 

De novo os paos interpuxéronse entre o C.A.S.X. e o gol, no partido contra o Bribes tocoulle o turno a Naveira que estrelou o balón no longueiro no minuto 29.

Empataría o Bribes por mediación de Sergio Rama nun máis que discutido penalti no minuto 41, a sensación que lle dou os xogadores marelos foi que o esférico pegou na espalda do defensor.
Xa na segunda metade o Bribes marcaría o gol que suporía a victoria visitante no minuto 62 por mediación de Óscar Vázquez.

A partir de ese intre asedio do Atlético Sobrado á portería visitante que por medio dos seus efectivos achicaba auga como podía. A Máquina Amarilla cansouse de errar ocasións de gol e unha vez máis a máxima do fútbol fixo acto de aparición: "o que perdoa paga", e así sucedeu, 4ª derrota en outros tantos partidos.

Agora non val de nada votar a vista atrás senón mirar a fronte. A realidade é que quedan 29 partidos en disputa así que toca mellorar esa puntería e os puntos irán chegando. Este equipo merece ter máis da metade dos puntos que van disputados como mínimo e aínda que non abriu o casilleiro o que está claro é que cando empecen a entrar as ocasións que xeramos outro galo cantara. Que ninguén nos dé por mortos por que estamos mooooooooi vivos!!!

Esta semana toca xornada de descanso logo de que o veciño clube de Toques se dese de baixa na competición. Unha semana de descanso que servirá para preparar a vindeira visita ó campo do líder, o C.D. Mesía.

ENTRE TOD@S IMOS LEVANTAR ISTO, MERECÉMOLO POR MOITOS MOTIVOS!

#FORZA C.A.S.X.
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: