luns, 6 de outubro de 2014

O equipo Xuvenil iniciou a Liga


Parte Superior de esquerda a dereita: Iván Santos, Bruno, Martín Novo, Alex, Jorge Freire, Dani Martínez, Antón, Martín, José Luis.
Parte Inferior de esquerda a dereita: Julius, Diego Santos, Tomás, Raul, Josito, Miguel.

O equipo Xuvenil iniciou a Liga o pasado sábado no Campo de O Carrizo fronte ó Portazgo SD. Os pupilos adestrados esta tempada por Gonzalo Sánchez non puideron traer ningún punto para Sobrado logo de caer 2-0.

A pesares do resultado a imaxe do equipo foi moi boa, creando claras oportunidades de gol e competindo os 3 puntos en liza en todo momento.

De momento estamos na fase de acoplamento e seguro que co paso das xornadas este bo grupo de futbolistas irá obtendo os froitos desexados.

Ademáis dos 15 futbolistas da foto tamén están en idade Xuvenil Marcos Combo, Miguel Folgoso, Manu Paderne e Simón.

Para a vindeira xornada a Minimáquina Amarilla recibe o Burgo no Municipal de Sobrado.

Ningún comentario: