venres, 10 de outubro de 2014

Xornada 6: C.D. Mesía - Atl. Sobrado Xuventude - A Previa -



O Atlético Sobrado Xuventude visitará o domingo ó líder da competición, o Clube Deportivo Mesía. Partido de polos opostos; primeiro contra último clasificado... se ben o equipo marelo quere revertir esta inxusta posición que ocupa actualmente na táboa clasificatoria e amosar de unha vez por todas que este bache é momentaneo. Para sair da cola do pelotón á Máquina Amarilla so lle fai falta unha cousa: puntería! xa que por xogo e por ocasións ningúns dos 4 equipos que conseguiu derrotalo foi superior... todo o contrario, na meirande parte dos casos foi inferior.

Quizais a xornada de descanso veulle ben os homes que prepara Hassan para reflexionar, correxir os erros que se estén a cometer e afrontar o partido domingo como se fose o número 1 de unha nova tempada. Olvidarse do pasado e vivir no presente... "partido a partido" que diría "o outro".

O Clube Deportivo Mesía, flamante líder da competición presenta unha impoluta folla de servizo, con 4 partidos gañados (Tambre -F-, Pontecarreira -F-, Vizoño B -C- e Mesón do Bento -F_), 1 empatado (Encrobas -C-) e ningún perdido.

É o segundo equipo que máis goles marca con 11 dianas. Franqueira con 3 goles, e Mesi, Kaky e Manteiga con 2 goles son os seus máximos realizadores.

Ademáis é o equipo que menos tantos encaixa, tan so 3 en 5 partidos. O Encrobas foi quen de marcarlle 2 goles no Campo de As Mariposas e o Vizoño B 1. Polo tanto todas as dianas que encaixou o líder foron no seu propio feudo. Confiemos en que o Atlético Sobrado sexa capaz de perforar o domingo a meta rival.

Por parte do conxunto de Hassan é baixa segura para o encontro Miguel López lesionado a espera de saber por canto tempo (desde aquí desexarlle moito ánimo coa recuperación) e é dúbida Dani Martínez. O resto de xogadores están dispoñibles para o míster sobradés.

O partido comezará as 16,30 horas e será dirixido polo señor David Vázquez Lema.

XUVENÍS: Xornada 2  C.A.S.X. - Sp. Burgo

Mañá estréase o equipo de Gonzalo Sánchez como local fronte os seus seguidores no Municipal de Sobrado a partires das 16,30 horas.
Logo de iniciar con derrota a Liga a pasada semana na visita ó Portazgo SD os prometedores xogadores marelos quererán brindar o primeiro triunfo da tempada a afeción.

O partido comezará as 16,30 horas e será dirixido polo señor Vitor Recarei Añón.

Ningún comentario: