luns, 13 de outubro de 2014

Xornada 6: Cruel derrota en Mesía -A Crónica -



A Máquina Amarilla perde un encontro no que os 11 minutos xa gañaba 0-2. Os erros defensivos fixeron moito dano ó Atlético Sobrado. O colexiado Vázquez Lema, como cada vez que arbitra, un auténtico desastre. Luis Mato, marcou un golazo, sufriu 2 agresións e foi expulsado por amenazas. Indignación total da expedición marela co colexiado do encontro.

Por máis que un lle dé voltas hai cousas que non cadran, e unha delas é saber como un colexiado (sexa da categoría que sexa) non pode saber o regulamento e por riba cobrar por elo...

O do señor David Vázquez Leman sinceramente é un atentado en contra do fútbol e dos equipos os que lle arbitra. Supoño que no colexio de árbitros non o teñen moi controlado pois a pouco que se paren a ver as súas actuacións unha de duas: ou lle explican o que ven ó caso ó rapaz ou non lle deixan arbitrar. Nos partidos que nos dirixiu a pasada tempada cubriuse de gloria e onte por non ser menos dou todo un recital do que un colexiado non pode facer.

Comezou moi ben o encontro para os intereses marelos, con un auténtico golazo de Luis Mato, que se foi por velocidade por banda dereita e conectou un auténtico zapatazo que pegou con violencia na rede, corría o minuto 3.

A primeira ineptitude do colexiado sucedeu no minuto 8. De novo Luis Mato entra por banda dereita dentro da área logo de safarse de dous rivais, un terceiro comeza a agarralo polo brazo de xeito grotesco para frealo mentes Luis intenta centrar, o colexiado da lei da vantaxe e o esférico acaba en córner. É a primeira vez na miña vida que vexo aplicar lei da vantaxe nun penalti: DEMENCIAL.

Naveira faría o -2 no minuto 11 logo de pinchar o balón na área de xeito maxistral ó saque de unha falta lateral e marcar con moita elegancia. Un gol que poden facer moi poucos elexidos nesta categoría.

Recurtaría distancias Kaky 2 minutos despois logo de un erro en cadea da defensa do C.A.S.X. E empataría Cristian no minuto 19 noutra xogada onde a zaga marela non andivo moi afortunada.

Co empate a 2 goles chegaríase ó descanso.

No minuto 49 de novo Cristian poñería en franquicia ó Mesía o aproveitar outro despiste da zaga visitante.

E no minuto 61 chegou o esperpento total: Luis Mato vaise de dous xogadores locais intentando encarar a área visitante. Franqueira chega por detrás e dalle unha forte patada sen balón a Luis, unha expulsión das de libro, o colexiado sácalle cartón marelo ó ex-xogador do Compostela. Neste momento o central local Abelleira chega por detrás e propinalle unha colleja a Luis ademáis de insultalo. Luis non se contén e vaise a polo central tendo que ser agarrado polos compañeiros. O colexiado determina que Abelleira e Luis son expulsados: o primeiro pola colleja e os insultos e o noso xogador por decirlle: "non se che ocurra vir a Sobrado, subnormal". En fin...

Pero seguiu "o cine", dous minutos despois, no 63 Franqueira ía ver o segundo cartón marelo por obstaculizar o saque a David. Quizais o colexiado douse conta que metera a pata non expulsando a Franqueira na primeira xogada e decidiu expulsalo na seguinte...

O C.A.S.X. con un home máis apretou e gozou de oportunidades  para empatar e incluso levarse o encontro pero na segunda metade a puntería dos homes de Hassan non estivo fina.

No minuto 92, Sesto, nunha lonxana falta marcou nunha xogada de mala fortuna para David na que o esférico resbaloulle das mans acabando na rede.

Nesta segunda metade as perdas de tempo por parte dos locais foron continuas xogándose moi poucos minutos desde que lograron poñerse por diante no minuto 49. Logo de 3 expulsións, 7 cambios e as demoras que houbo cada vez que o equipo local sacaba de portería quizais 5 minutos antóxanse bastante pouco pero con este tipo de colexiados pouco se pode pedir...

As consecuencias da arbitraxe son que Luis, ademáis de ser agredido 2 veces e insultado vaise perder como mínimo o seguinte encontro por ter un inepto dirixindo o encontro. Sinceramente esto da asco!

Para a semana o C.A.S.X. recibirá o Once Caballeros "B" o sábado as 17,00 horas no Municipal de Sobrado.

Onte, unha vez máis e a pesar de acumular 5 derrotas en outros tantos partidos o C.A.S.X. non foi inferior o seu rival, o equipo que lidera a competición. É máis, houbo moitas fases do encontro que foi superior. 

Chegará o momento en que o gafe acabe e o traballo ben feito por fin dará os seus froitos. Está máis que claro!

XUVENÍS: Atl. Sobrado 0 - Sp. Burgo 5

Non puido facer fronte o equipo de Gonzalo Sánchez a un gran equipo como é o Sporting Burgo. O equipo marelo acusou as baixas de xogadores tan importantes como Dani Martinez, Tomás, Miguel Folgoso ou Marcos Combo e tivo que afrontar o encontro con varios xogadores renqueantes.
O equipo visitante gañaba 0-2 no descanso e na segunda metade faría outros 3 tantos.

Para a semana a "Minimáquina Amarilla" visita ó Laracha B.

Darlle moito ánimo os dous equipos, seguro que esto cambiará.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

1 comentario:

Anónimo dixo...

FORZA CASX!