venres, 17 de outubro de 2014

Xornada 7: Atl. Sobrado - Once Caballeros "B" (A Previa)



Aínda co enfado da arbitraxe sufrida en Mesía o pasado domingo o C.A.S.X. afronta un importante partido para arrancar de unha vez por todas na Liga. Logo de 5 fiascos consecutivos o equipo marelo quere darlle un xiro completo á Competición.

Mañá visita o Municipal de Sobrado o Once Caballeros "B", penúltimo clasificado con 3 puntos. O equipo do Temple conta con 1 victoria (1-3) contra Vizoño "B" e 5 derrotas. O seu máximo goleador é Felipe Blanco con 3 goles.

De gañar, o C.A.S.X. deixará o faroliño vermello da clasificación  para cederllo precisamente o rival de mañá. Hassan non poderá contar co seu máximo artilleiro Luis Mato expulsado por amenazas a un rival logo de sufrir duas agresións o pasado domingo (ver para crer) e Fran, tamén expulsado por facer "apreciacións" ó colexiado unha vez rematado o encontro.

As novas fichaxes Marcos Combo, River e Rafa Fraga xa están dispoñibles para o adestrador sobradés. 

O encontro será dirixido polo señor Iván Varela Rodríguez e comezará as 17,00 horas.

XUVENÍS: Laracha C.F. "B" - Atl. Sobrado

O equipo de Gonzalo Sánchez desplázase á Laracha para enfrontarse ó Laracha C.F. "B". Logo de dúas derrotas no arranque da competición a "Minimáquina Amarilla" intentará lograr a primeira victoria.

O encontro comeza as 16,00 horas e xerá dirixido polo señor Denis Añón Salgueiro.

Ningún comentario: