luns, 20 de outubro de 2014

Xornada 7: Un pésimo encontro condena ó C.A.S.X. (A Crónica)


O Atlético Sobrado fai o peor partido da tempada e cae derrotado pola mínima fronte a un Once Caballeros "B" máis intenso. O equipo marelo disfrutou de algunha clara ocasión pero non foi quen de "abrir a lata".  Chega o momento de reaccionar de unha vez por todas.

O C.A.S.X. caeu derrotado 0-1 o pasado sábado no Municipal de Sobrado fronte a un rival directo como era o Once Caballeros "B". Ambos equipos pelexaban por non ocupar a última posición do Campionato e a moeda caeu do lado visitante.

O conxunto do Temple tan so fixo 2 disparos entre os 3 paos pero un deles foi gol logo de que o tiro de Sergio Mouzo desde fora da área no minuto 80 tocara en Mario e fixo que o esférico se envelenara. David a pesares de darlle tocado o balón non foi quen de sacar o lanzamento da escadra.

O partido tivo un desenrolo moi igualado, onde as máis claras ocasións (sin ser moitas) caeron do lado marelo. Naveira de cabeza en varias ocasións logo de longos saques de banda de Iago, Rafa Fraga con un centro chut que se estrelou no longueiro e Marcos Combo tiveron as mellores oportunidades pero unhas veces o porteiro visitante e outras veces a falta de puntería evitaron que a Máquina Amarilla fixese ningún gol.



Un equipo, o marelo, que o sábado non foi nin tan sequera un reflexo do que nos viña amosando nos 5 partidos anteriores. Quizais as ansias por querer gañar xa, logo de unha mala racha, quizais as importantes baixas ou quizais unha mistura das dúas cousas fixeron que o C.A.S.X. non estivese acertado condenando así a unha nova derrota. O que máis se lle notou ó equipo foi falta de intensidade e aí o Once Caballeros "B" superounos por unha marxe moi ampla.

A única boa nova foi o debut en competición oficial das novas fichaxes Marcos Combo, River e Rafa Fraga que seguro que nos aportarán moitas cousas boas ó grupo.

Para a vindeira semana os pupilos de Hassan visitan "O Vedral" en Abellá (Frades) para enfrontarse ó S.E. Abellá S.D.C. "B".

De todos modos, e a pesares de que o noso casilleiro di que temos 0 puntos e obviando este último partido o equipo amosou que lle pode gañar a calqueira. Solo queda reflectilo con resultados. Eu que teño o privilexio de ver como adestra e con que gañas esta xente estou seguro que sacarán esto adiante e o Atlético Sobrado aínda ten moito que decir nesta Liga. Van 6 derrotas sí..., e pode haber xente que non vexa máis aló de un mero resultado pero nin vivimos de esto, nin é a fin do mundo nin tan sequera nos preocupa simplemente o xusto. Evidentemente a todo o mundo lle gusta gañar, pero tamén hai que saber estar nas duras e nas maduras e se este equipo foi capaz de lograr non hai tanto tempo uns números e un título histórico e capaz de calqueira cousa. Non estamos mortos, VOLVEREMOS!!!

ONCE INICIAL:

David (c), Miguel Combo (Osky 67´), Rafa Fraga (Manu Costoya 80´), Anxo (River 57´), Mario, Esteban, Isak, Iago, Marcos Combo (Manu Paderne 78´), Naveira, Iván Núñez.

Tarxetas Marelas: Miguel Combo, Esteban, Manu Paderne, Naveira, Iván Núñez


XUVENÍS: Laracha "B" 1 - C.A.S.X. 4

A alegría da xornada dóunola o equipo adestrado por Gonzalo Sánchez. Logo de un erro na comunicación dos horarios por parte do Laracha a Minimáquina Amarilla tivo que comezar o encontro 4 horas e media máis tarde do que estaba previsto o envite.

Dani Martínez, Martín Sánchez de penalti, Antón e Iván Santos tamén de penalti foron os goleadores marelos.


ONCE INICIAL:

Jorge, Diego Santos, Martín Sánchez, Dani Martínez (Simón 45´), José Luis, Alex, Julius, Antón, Iván Santos, Bruno (Raúl 72´), Martín Novo (Miguel 86´)

Sen amonestacións



Ningún comentario: