venres, 24 de outubro de 2014

Xornada 8: S.E. Abellá S.D.C. "B" - ATL. SOBRADO XUVENTUDE (A Previa)


Difícil será o desplazamento que afrontará o Club Atlético Sobrado Xuventude ó campo de O Vedral en Abellá (Frades) para enfrontarse o equipo filial do San Estevo de Abellá S.D.C.

O equipo que preside Dani Fuentes está a facer unha boa tempada e ocupa a 5ª praza que da acceso a xogar a promoción de ascenso a 2ª Autonómica.

Os de Frades suman na casa 2 victorias fronte a Encrobas e Vizoño B e unha derrota contra Curtis. Ademáis foron quen de gañar 1-3 a pasada semana a domicilio contra Mesón do Bento e empatar nos difíciles feudos de Bribes e Pontecarreira sumando un total de 11 puntos.

Os máximos goleadores do equipo son Joel López e Manuel A. Gómez con 3 tantos. Especial atención a este último que a pasada xornada foi quen de facer un "hat-trick" en tan so 27 minutos saindo desde o banquiño.

Pola súa banda o Atlético Sobrado recupera efectivos con respecto a semana pasada. A única baixa segura é Luis Mato que está a pasar un forte proceso gripal.

O equipo marelo quere lavar a imaxe dada a semana pasada contra Once Caballeros "B" e busca a domicilio poder sumar de unha vez por todas e comezar a ver a luz ó final do túnel.

Nos momentos onde as cousas non saen é cando se ven os grupos de verdade e este equipo está máis unico que nunca para entre todos quitar isto adiante. Esta temporada daranos moitas alegrías, tan so falta que a pelotiña de unha vez por todas queira entrar, o resto virá solo.

O partido dará comezo as 16,15 horas pasado mañá domingo e será dirixido polo señor Diego Cedeira Martínez.

Pola súa banda o equipo Xuvenil ten xornada de descanso logo de que o rival que lle tocaba en sorte nesta 4ª Xornada, o Ordenes "B" se retirase da Competición.

Como ben sendo habitual podedes seguir o partido online desde a nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado conectaremos media hora antes do comezo do encontro para darvos a aliñación e comentarvos as incidencias do encontro.


DOMINGO IMOS DEMOSTRAR QUE A MÁQUINA AMARILLA COMEZA A CARBURAR

#CASX1997

#SOMOSAMARILLOS

#FORZACASX






Ningún comentario: