luns, 27 de outubro de 2014

Xornada 8: Táboas en "O Vedral" - A Crónica -


O C.A.S.X. consegue un empate na casa do 5º clasificado.  Resultado xusto visto os méritos de un e outro conxunto. O conxunto marelo por fin rompe a súa xeira de malos resultados.

O Atlético Sobrado acadou o primeiro punto da tempada a domicilio logo de empatar a 0 goles na tarde de onte no campo de "O Vedral", en Abellá.

O conxunto de Hassan cuallou un bo e serio partido nunha tarde excesivamente calurosa que fixo mella nos xogadores de ámbolos conxuntos.

Por ocasións tanto locais coma visitantes o que resulta realmente raro é ver que non houbo goles, o maís normal sería que o marcador fose un 2-2 ou un 3-3.

Quero destacar o gran traballo realizado polos 15 homes que se desplazaron onte a Abellá destacando o partidazo ata que se lesiounou de Tomás no lateral dereito e as paradas de David na segunda metade.

Nos primeiros 45 minutos a ocasión máis clara foi para o Abellá B que dispuxo de un tiro ó pao logo de que nun forte e escorado lanzamento dun atacante local David conseguise tocar o esférico para desviar ó pao e que posteriormente o esférico se fose a córner.

Na segunda metade Mario Novo a 7 minutos do final estivo a piques de facer o gol da victoria pero o seu remate de cabeza logo de un saque de esquina estrelouse no longueiro do cancerbeiro local.

Dispuxo tamén unha clarísima ocasión Isak logo de un bo servizo de Iago e Manu Costoya a asistencia de Fran pero onte non era o día dos dianteiros e sí das defensas e os porteiros.

Destacar sobremaneira a David, que onte volveu a ser santo, San David. O capitán do C.A.S.X. erixiuse na figura do encontro na segunda metade salvando 3 claros man a man do conxunto local.

Un puntiño que serve para mirar con optimismo ó fúturo logo de romper de unha vez por todas esta inxusta racha de derrotas que nos acompañaba.

Once Inicial: David, Tomás (Dani Martínez 56´), Osky (Rafa 75´), Mario Novo, Esteban, Iago, River, Naveira (Manu Costoya 70´), Fran, Isak, Marcos Combo (Iván Núñez 61´)

Tarxetas Marelas: Iago, Isak, Esteban
Tarxetas Vermellas: - 

A vindeira xornada visita o Municipal de Sobrado o C.C.D. Curtis e o equipo Xuvenil logo da xornada de descanso viaxa para enfrontarse ó San Tirso.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS



Ningún comentario: