luns, 17 de novembro de 2014

Xornada 11: Empate que sabe a pouco (A Crónica)

O Atlético Sobrado empata nun partido onde de novo perdoou claras opcións de gol. 2 penaltis mal sinalados por parte do colexiado. 2 tiros o pao e 1 tiro ó longueiro. Fran errou un penalti. Ivo 3 puntos de sutura nun pómulo. Os homes de Hassan tiveron que sobrepoñerse a un 0-1 e un 1-2.


O Atlético Sobrado volveu a pagar cara a seu pouco acerto cara a portería rival e permitiu que o Encrobas se levase  1 punto do Municipal de Sobrado.



O conxunto marelo permitiuse errar claras ocasións de gol, volverse a topar cos paos en 3 ocasións e incluso errar un penalti por segunda semana consecutiva.



O equipo visitante fixo 3 tiros a portería e dous deles foron gol.



Empezou moi ben o Atlético Sobrado o encontro creando boas oportunidades de gol, en 15 minutos xa levaba 2 tiros o pao. O primeiro foi de Manu Paderne logo de peinar un medido centro de Marcos Combo, o esférico roza lixeiramente no porteiro visitante e pega no pao (15). Finalmente atallou o cancerbeiro.

Na seguinte opción a balón parado sería Esteban quen se atopou co pao logo de aproveitar un rexeite chuta, o cancerbeiro volve a tocar e o esférico vai de novo ó pao (16), finalmente un defensa alonxaría o perigo.


No primeiro ataque do Encrobas chegaría o primeiro gol da tarde: saque de esquina a prol dos visitantes erro nas marcas do Atlético Sobrado e Javier Amor remata de cabeza a pracer ó fondo das mallas. Era o minuto 20.



Tres minutos despois empataría Ivo nun auténtico xogadón de Naveira por banda dereita, o seu pase da morte foi aproveitado polo habilidoso mediapunta de Teixeiro para mandar o balón ó fondo da rede. Por desgraza o propio Ivo sería protagonista desafortunado do encontro. 2 minutos despois de marcar tivo que ser sustituido por sufrir un forte cobadazo de un rival. Un cobadazo por certo onde se reclamou expulsión desde o banquiño local e que o colexiado non amonestou nin con cartón marelo. Ivo ten 3 puntos de sutura no seu pómulo. Se a semana pasada era River o que sufría un corte e recibía 4 grapas desta volta tocoulle ó número 10 do CASX que tivo que ser sustituido polo debutante Mario Varela. Sen comentarios...



O segundo varapao da tarde para a Máquina Amarilla chegou no minuto 27. O dianteiro visitante Aradas adentrase na área e Mario Novo vai ó chan para interceptar o esférico, toca balón pero o dianteiro tírase de xeito escandaloso na área emitindo un forte berro (non lle tocou) e o árbitro pica e decreta penalti. A pena máxima sería executada maxistralmente por Roiberto Campos establecendo o 1-2.



Con ese resultado chegaríase ó descanso.



Na segunda metade a Máquina Amarilla conxurouse para remontar o encontro. Saiu desde o inicio da reanudación ó ataque descarado. Marcos Combo e Manu Paderne non aproveitaron unha boa xogada de Fran por banda dereita para marcar nunha clara ocasión na que o esférico foise fora.



Hassan dou entrada a Isak por Marcos Combo no minuto 61. 4 minutos despois un forte lanzamento de Isak desde fora da área non pode ser atrapado polo porteiro visitante, o rexeito aproveitouno Manu Paderne que andivo listo para ir ó rexeite para establecer o empate a 2 goles. Faltaban 25 minutos máis o desconto e a victoria era posible.



Seguiu creando oportunidades o conxunto marelo pero o gol non chegaba. Naveira mandou ó largueiro un remate de cabeza (17 DEZASETE).



A oportunidade máis clara chegaría no minuto 80, Fran adentrase na área logo de un gran pase interior de Anxo e cae en pugna con un rival. O colexiado decreta penalti e vólvese a equivocar pois non era. O penalti lanzouno Fran e foise por riba da portería visitante estragando así o C.A.S.X. o segundo penalti en dúas xornadas consecutivas.



Miguel Combo a piques estivo rematar de forma acrobática un centro de Rafa desde banda esquerda pero non foi quen de conectar co esférico.



Así rematou o encontro, con un empate que deixa mal sabor de boca pois o equipo mereceu de novo a victoria pero está a pagar moi caro a súa falta de acerto no remate.




Banquiño na tarde do sábado: Osky, Isak, Mario Varela, Rafa, Miguel Combo

Once Inicial: David (c), Tomás, Iago, Mario (Osky 87`), Esteban, Anxo (Rafa 81`), Marcos Combo (Isak 61`), Naveira, Manu Paderne (Miguel Combo 73`), Ivo (Mario Varela 25`), Fran

Goles:

1-1 Ivo 23´
2-2 Manu Paderne 65´

Tarxetas:

Marela: Esteban 41´, Mario 67´
Vermella: -

XUVENÍS: SP. CAMBRE 13 - C.A.S.X. 0

Nada puido facer o equipo de Gonzalo Sánchez na súa visita a Cambre. O equipo Xuvenil acosou as numerosas baixas e saiu goleado do Dani Mallo. O conxunto marelo perdía 5-0 ó descanso. Moito ánimo a estes rapaces e o seu míster. Seguro que cando se recuperen efectivos os resultados serán ben distintos.

Ningún comentario: