xoves, 20 de novembro de 2014

Xornada 12: Atl. Sobrado - SD Pontecarreira (A Previa)


Con motivo do inicio da 2ª volta da competición o Atlético Sobrado volverá a xogar coma equipo locatario esta fin de semana. O sábado visitará o Municipal de Sobrado a partires das 17,00 horas a S.D. Pontecarreira.

Un equipo, o azulón que ocupa a 7ª posición da táboa clasificatoria con 11 puntos a 7 dos postos que dan acceso á promoción de ascenso.

A SD Pontecarreira suma 3 victorias (CASX e Vizoño B na casa e Once Caballeros B a domicilio), 2 empates (contra Abellá B na casa e contra Encrobas fora) e 5 derrotas (Mesía e Tambre na casa e Curtis, Bribes e Mesón do Bento a domicilio).

Ten un total de 16 goles a favor dos que 7 foron obra de Marcos Meijide que ocupa a 2ª posición de máximo realizador da competición. Pola contra leva encaixados 18 tantos.

No partido de ida que abría a Liga o C.A.S.X. caeu en "A Chousa" pola mínima, 1-0 logo de perdoar claras oportunidades de gol.

O equipo de Hassan ten as baixas seguras de Esteban, Isak e Piru. Están pendentes de evolución das súas lesións Luis Mato, Ivo e River. O resto de xogadores está dispoñible para o míster marelo.

Arbitrará o encontro o colexiado José María Carro Moreira.

XUVENÍS: Atl. Sobrado - Sp. Meicende

Antes de nada dar as grazas a Jesús, membro da Directiva do Sp. Meicende por acceder a cambiar o horario do partido pois debido á confección do calendario tocaba xogar case á mesma hora ó equipo senior e o xuvenil no mesmo campo. No Atlético Sobrado sempre temos en conta quen nos responde e quen non e desde logo  o Sp. Meicende ten todo o noso recoñecemento e en todo o que lle poidamos axudar aquí estaremos.

O equipo de Gonzalo Sánchez espera recuperar efectivos para a disputa do encontro logo de viaxar moi mermado a Cambre a semana pasada. O encontro disputarase o sábado as 12,00 horas e será dirixido polo señor Eduardo Rodríguez Penas.

Sorte a ámbolos conxuntos

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: