luns, 1 de decembro de 2014

Xornada 13: A Máquina Amarilla acostúmase a gañar (A Crónica)


Un Atlético Sobrado en clara traxectoria ascendente golea á domilio. Segunda xornada consecutiva gañando 3-0. 2 claros penaltis convertidos por Fran e Mario Varela e un mísil desde 25 metros de Isak dan a victoria ó equipo de Hassan. 6ª xornada consecutiva sen coñecer a derrota.

Importante victoria do Atlético Sobrado na casa do Vizoño B na tarde de onte. O equipo de Hassan sen facer o seu mellor encontro (o vento tivo moito que ver) acadou un valioso resultado que serve para conseguir os 3 puntos e o igual que fixera a semana contra a SD Pontecarreira gañarlle o golaverage particular momentaneo.

Momentos antes do encontro o adestrador marelo tivo o inconvinte de que dous dos xogadores que ían ser titulares: Tomás e Ivo caéronse da convocatoria non podendo ser reemplazados por dous compañeiros así que o Atlético Sobrado tivo que afrontar o encontro con 14 xogadores.

O C.A.S.X. tivo o vento en contra na primeira metade algo que fixo que o partido non fora cómodo pois calqueira pelotazo de longa distancia do Vizoño B convertíase nunha seria ameaza para o capi David.

De feito o Vizoño B estivo a piques de abrir o marcador os 4 minutos nun pelotazo desde medio campo que logo de votar na área pequena envelenouse, David estivo hábil e de un soberbio zarpazo logrou enviar o balón a córner cando prácticamente xa estaba superado.

Isak tivo o primeiro gol do Sobrado nas súas botas, logo de un gran regate no que sentou o cancerbeiro local pero o seu tiro saiulle centrado e o porteiro do Vizoño B foi quen de repeler o disparo cando xa estaba no chan.

A xogada seguinte foi o Vizoño B o que rozou o gol, un mal despexe de Mario foi aproveitado por un dianteiro branco para roubarlle a carteira, o seu disparo pegou no pao da meta defendida por David.

Logo de uns instantes de incertidume sen claras ocasións de gol chegou o primeiro gol do encontro. O xuvenil Manu Paderne, moi loitador toda a tarde recupera un balón cerca da área do Vizoño B, o seu centro a área é interceptado por un defensa coa man. Penalti clarísimo que o colexiado non dubidou en sinalar e que non foi protestado polo equipo local. O encargado do lanzamento foi FRAN que de tiro raso fixo o primeiro gol da tarde.

3 minutos despois o Atlético Sobrado volveu a reclamar outro penalti por outra man dentro da área logo de un centro de Isak pero desta volta o colexiado entendeu que non había pena máxima.

Co resultado de 0-1 chegaríase ó descanso.

Manu Paderne deixaría o seu sitio a Marcos Combo no minuto 58 e tan so 1 minuto despois o outro dianteiro xuvenil tivo protagonismo na xogada do 0-2. Falta lonxana que executa Fran, o cancerbeiro repele o lanzamento pero non atalla o esférico, Marcos Combo anda listo e chega antes o balón e o porteiro local á desesperada entra con todo ó tobillo de Marcos Combo cometendo así outro claro penalti que o colexiado tampouco dubidou en sinalar. Desta volta o encargado do lanzamento sería MARIO VARELA que executou impecablemente a pena máxima establecendo o 0-2.

Pero o mellor da tarde aínda estaba por vir: rouba o C.A.S.X. en medio campo, Mario Varela abre a banda esquerda, Marcos Combo deixa pasar de caño e recibe ISAK, fai un slalom desde a banda deixando atrás a dous rivais, cando está a uns 25 metros da portería conecta un soberbio zapatazo que se cola por toda a escadra da portería do Vizoño B. Un gol que firmarían moitos futbolistas, espectacular tanto no golpeo coma na forma en que o esférico baixou ata entrar pola escadra. Corría o minuto 65.

No minuto 68, Osky amonestado por cortar unha xogada en medio campo deixaría o seu sitio a Rafa e 4 minutos despois sería River quen deixaría o seu lugar a Manu Costoya.

O C.A.S.X. puido facer algún gol máis, boas internadas pola banda de Fran, Marcos Combo e Isak que non encontraron rematador. Pero ó contrario de outras ocasións o balón parece que comeza a entrar e iso segue a ser unha nova moi boa para os intereses marelos.

3 puntos máis que amosan a clara traxectoria ascendente do Atlético Sobrado. Co triunfo de onte xa é 7º na clasificación sobrepasando así á SD Pontecarreira (ten un partido menos). Os pupilos de Hassan deixaron atrás o pesadelo de non encontrar o camiño do gol e suma xa 6 xornadas consecutivas sen perder. Nesta segunda volta conta os 2 partidos por triunfos sumando así xa tantos puntos nesta primeira volta coma en 10 partidos da primeira.

ONCE INICIAL: David (c), Iago, Osky (Rafa 68´), Mario, Dani Martínez, Anxo, River (Manu Costoya 72´), Mario Varela, Isak, Fran, Manu Paderne (Marcos Combo 58´).

Goles: 

0-1 Fran (p) 35´
0-2 Mario Varela (p) 59´
0-3 Isak 65´

Tarxetas:

Marelas: Osky 51´
Vermellas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 0 - C.D. Obrero "B" 1

Un gol no minuto 87 evitou que puidese puntuar o equipo Xuvenil. Os xogadores que o sábado adestrou Anxo Sánchez fixeron un gran encontro pero non puideron sacar nada positivo. Desde aquí animar os xogadores que con traballo e tesón conseguirán pouco a pouco que as cousas vaian saíndo.

Once Inicial: José Luis, Diego Santos, Martín, Alex, Martín Novo, Antón (Josito 77´), Simón, Julius, Bruno, Raúl (Miguel Abado 79´), Iván Santos.

Goles: -

Tarxetas:

Marelas: -
Vermellas: -

Ningún comentario: