venres, 5 de decembro de 2014

Xornada 14: Atl. Sobrado - Mesón do Bento C.F. (A Previa)


Difícil e importante reto o que afrontará mañá o Atlético Sobrado a partires das 17,00 horas no Municipal de Sobrado. Visita o feudo sobradés o Mesón do Bento C.F., 2º clasificado da Liga.

O conxunto roxibranco chega nun magnífico momento contando os 4 últimos partidos por victorias. O outrora equipo de 3ª División non perde desde o 19 de outubro (1-3 contra o Abellá B na súa propia casa).

Tan so 3 puntos separan ó Mesón do Bento do líder Mesía, 27 para os primeiros por 24 para o conxunto que nos visita mañá.

No partido de ida dous regalos defensivos condenaron ó C.A.S.X. Por non variar o Atlético Sobrado topouse co longueiro cando o marcador aínda reflectía o resultado inicial. Manu Costoya reduxo diferencias demasiado tarde e o resultado final foi de 2-1 a favor dos locais.

Mesón do Bento suma un total de 23 goles a favor. José C. Rivas (6), Manuel (5), Rubén Couceiro (4), Daniel Sanlés (3) e David Mourelo (3) son os seus máximos artilleiros. Pola contra solo leva 15 goles encaixados sendo o 3º equipo que menos goles recibe do campionato.

No que respecta á Máquina Amarilla Hassan recupera a Esteban, Luis, Ivo, Tomás e Naveira. O C.A.S.X. chega a este encontro no mellor momento de resultados do campionato logo de acumular 6 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota e gañando os dous últimos encontros polo mesmo marcador: 3-0.

O partido de mañá servirá para calibrar por que zona se pode mover o conxunto marelo cando chegue ó final de tempada aló polo mes de maio.

Arbitrará o encontro Francisco Pertierra Martínez.

Como cada xornada podedes seguir o encontro online pola nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENIL: Atl. Perillo - Atl. Sobrado

O conxunto de Gonzalo Sánchez viaxa mañá ó Concello de Oleiros para enfrontarse ó Atl. Perillo. O encontro disputarase no Campo de "O Redondo" en Montrove e comezará as 16,00 horas (horario oficial de decembro). Dirixirá a contenda Aitor Prieto Rodríguez.


Sorte a ámbolos conxuntos!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: