martes, 9 de decembro de 2014

Xornada 14: Victoria con peaxe (A Crónica)


Importante victoria do C.A.S.X. ensombrecida pola lesión do capitán David. Esteban tamén sufriu un forte golpe nun choque fortuito con Iago. A Máquina Amarilla abónase a victoria e suma 3 victorias seguidas. Isak e Mario Varela os goleadores.


Victoria agridoce para o Atlético Sobrado xa que a lesión do porteiro e capitán David nas postrimerías do encontro empañaron o gran triunfo dos homes de Hassan.



David sufriu unha fractura de clavícula cando xa pasaban 4 minutos do tempo engadido, xusto no momento en que o Mesón do Bento marcou o seu gol. Minutos antes Esteban tivo que ser sustituido por un forte golpe cabeza con cabeza con Iago.



Algo cambiou neste Atlético Sobrado desde o inicio de tempada e ese algo é que o balón entra. O que antes eran tiros o pao ou paradas inverisímiles do porteiro de turno trocaron en gol.



O C.A.S.X. saiu enchufado desde o pitido inicial sabedor de que para poder gañarlle ó que ata o sábado era o 2º clasificado da táboa debería estar o 100%. No primeiro tiro a portería chegou o 1-0. Logo de unha gran xogada colectiva en medio campo o pase interior chega a Fran que supera ó seu marcador, da o pase da morte e no punto de penalti aparece Isak para chutar, o esférico logo de dar levemente nun defensa acaba entrando na porta defendida por Carro. Corría o minuto 2.



Seguiu atacando o conxunto de Hassan na procura de ampliar vantaxe, esta chegaría no minuto 17 logo de outra boa xogada, Isak recorta no lado esquerdo da área, centra e o balón é tocado sutilmente de cabeza por Mario Varela para mandar ó esférico ó fondo da rede. Ambos goleadores xa marcaran a semana pasada en Vizoño.



Aínda puido ampliar vantaxe o C.A.S.X. antes do descanso, nunha boa ocasión de Fran pero Carro, o cancerbeiro visitante, a man cambiada fixo un auténtico paradón cando xa se cantaba o gol.



Co 2-0 chegaríase ó descanso.



Na segunda metade o Atlético Sobrado baixou un pouco o pistón e iso aproveitouno o Mesón do Bento que empezou a ter máis empuxe.



Aínda así o C.A.S.X. gozaría de unha boa oportunidade con un lanzamento de River que se foi rozando o pao da meta do Mesón do Bento.



Marcos Combo tería outra gran oportunidade logo de un perfecto slalom entre defensas rivais pero o seu tiro sairíalle moi centrado atallando o cancerbeiro do equipo visitante sen problema.



Tamén Osky tivo o gol nas súas botas, preto do final estivo a piques de empalar un gran centro de Marcos Combo que de ir a portería sería o gol do día.



No minuto 55 chegou a primeira xogada de desgraza para o C.A.S.X., Iago e Esteban van a por un balón aéreo e chocan cabeza con cabeza. O peor parado foi Esteban xa que se produxo un forte derrame que afecta ó seu ollo esquerdo. Iago pola súa parte levou un forte golpe e a pesares dos síntomas evidentes do impacto seguiu xogando.



A xogada máis desgraciada chegaría xa no engadido, no minuto 94, nun balón mal despexado pola defensa marela que aproveitaría José C. Rivas para establecer o 2-1´con un tiro raso. Na saida a polo esférico David caeu en mala posición fracturando a clavícula. Con todos os cambios xa feitos o C.A.S.X. xogou con 10 homes os 4 minutos restantes que descontou o colexiado sendo Tomás quen se situou baixo paos. 



O Mesón do Bento reclamaría penalti por mans de Dani na seguinte acción unha vez reanudado o xogo nunha confusa xogada onde ata por 3 veces estivo a piques de empatar o equipo visitante. Na continuación da xogada Iago levouse a todo o equipo visitante e a piques estivo de establecer o 3-1 pero Carro dou desbaratado a ocasión, o esférico caeulle nos pes a Marcos Combo e o seu lanzamento pasou de novo rozando o pao.



Rematou o encontro coa 3ª victoria consecutiva da Máquina Amarilla que co paso das xornadas vai a máis. Suma 7 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota e suma 3/3 victorias desde que comezou a segunda volta da competición (nada que ver co comezo da primeira volta 0/3).



Desde aquí desexarlle os lesionados sobretodo ó noso Gran Capitán David unha pronta e satisfactoria recuperación da súa lesión.



ONCE INICIAL: David (c), Tomás, Iago, Dani, Esteban (Miguel Combo 55´), Anxo, Mario Varela (River 75´), Ivo (Osky 85 ´), Isak (Marcos Combo 67´), Fran (Manu Paderne 79´), Naveira.



Goles:



1-0 Isak (2´)

2-0 Mario Varela 17´)


Tarxetas:



Marelas: Isak (46´)



Vermellas: -  



XUVENÍS: Atl. Perillo 8 - C.A.S.X. 1 (Iván Santos)

Derrota do equipo Xuvenil que o sábado adestrou Rafa Fraga. Un equipo Xuvenil que tan so puido afrontar o encontro con 11 xogadores e algúns deles incluso sen estar ó 100% debido a diferentes lesións. Por iso é encomiable o esforzo de estes xogadores e toca seguir traballando cada día. Cando se recuperen efectivos os resultados chegarán. O gol da honra local foi obra de Iván Santos.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: