venres, 2 de xaneiro de 2015

Xornada 16: Atl. Sobrado - C.D. Mesía (A Previa)


Coa chegada da primeira fin de semana de 2015 retómase a competición ligueira na 3ª Autonómica Grupo III. E nada mellor que para dar o pistoletazo de saida ó ano que con un auténtico prato forte: C.A.S.X. - Mesía. Duelo de recén descendidos da 2ª Autonómica.

Os visitantes chegan ó Municipal de Sobrado como flamantes e indiscutibles líderes da competición con 36 puntos froito de 11 victorias, 3 empates e tan so 1 derrota.

O Mesía tan so deixou escapar 3 puntos coma visitante e foi no desplazamento a Abellá onde caeu por 2-1.

O conxunto adestrado por Rober Iglesias presenta uns números estratosféricos sendo o equipo máis realizador con 38 goles e tamén o menos goleado con tan so 14.

Ademáis o líder ten os dous máximos goleadores da competición: Franqueira con 12 tantos e Kaky con 10. Boa vara de medir para a defensa do C.A.S.X.

Pola súa banda o C.A.S.X. quererá resarcirse da derrota do último partido contra o Bribes. 

No partido de ida o C.A.S.X. gañaba 0-2 os 11 minutos pero unha serie de erros infantís fixeron que o conxunto marelo se viñese de vacío de Mesía.

Arbitrará o encontro Xabier Pérez Pol. O encontró dará comezo mañá as 17 horas. Podedes seguir o partido online pola nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: