mércores, 7 de xaneiro de 2015

Xornada 16: 45 minutos para olvidar (A Crónica)


Unha segunda parte pésima condena ó C.A.S.X. a sufrir unha abultada goleada contra o líder. O Mesía marcou o 0-1 no minuto de desconto da primeira metade. O equipo marelo debe facer borrón e conta nova. O líder impuxo a súa pegada.

Dura derrota a sufrida polo Atlético Sobrado na tarde do sábado no Municipal de Sobrado. O 0-6 que indicaba ó marcador antóxase abultado logo de ver como trancurreu o encontro e máis se pensamos que o Mesía non marcou o 0-1 ata o minuto 46.

Na primeira metade puidemos ver un partido moi físico nun cada vez máis pésimo terreo de xogo (aí non se pode xogar ó fútbol) onde os dous equipos intentaron usar as súas bazas para desequilibrar o encontro. Tivo máis chegadas o Mesía mentres o C.A.S.X. intentaba facer dano no contragolpe.

O primeiro gol chegaría no minuto de desconto da primeira metade. Torreiro, libre de marca logo de un despiste defensivo rematou de cabeza ó fondo da rede un córner executado por Kaky.

Co mazazo de encaixar o gol na última xogada do primeiro tempo foise o C.A.S.X.  a vestiarios.

Parece que o gol pesou coma unha lousa e o Atlético Sobrado saiu desenchufado na reanudación. Pouco tardou Kaky en clavar unha estocada mortal na súa especialidade: o balón parado. Falta a uns 4 metros da área que executa de xeito maxistral o segundo máximo goleador da Liga. Axustada ó pao e con bote, nada puido facer José Luis para atallala.

Aquí remataron de fundirse os plomos marelos..., na seguinte xogada o Mesía marcaría o 0-3, despiste defensivo marelo, Esteban erra no despexe, Cristian aproveita o regalo e cruza mainamente o seu disparo para establecer o 0-3.

Os seguintes minutos foron os que habitualmente se denominan "do lixo". Un C.A.S.X. desganado, o que xa non lle saia nada, e un Mesía que deixaba correr os minutos. Ampliaría vantaxe o Mesía no minuto 74 logo de un claro penalti cometido por Iago. Sería o pichichi Franqueira quen establecería o 0-4.

Despois chegaría a expulsión do visitante Abelleira por facer apreciacións ó colexiado cando xa tiña un cartón marelo.

Franqueira faría o gol da tarde no minuto 82, ve adiantado a José Luis e desde medio campo logra un auténto golazo.

Para pechar a conta, de novo Franqueira nun magnífico lanzamento cruzado faría o 0-6 no minuto 84.

Duro resultado para o Atlético Sobrado que ten que servir para espolear ó equipo e olvidarse o antes posible de este revés. Hai que pensar no seguinte partido que será o vindeiro domingo a partires das 16,00 horas no Campo de Lendoiro contra o Once Caballeros "B".

ONCE INICIAL: José Luis, Tomás, Iago, Mario Novo, Esteban (c), Manu Costoya (Dani 59´), Naveira, River, Fran (Osky 81´), Isak (Rafa 83´), Ivo (Marcos Combo 66´)

Goles: -

Tarxetas:

Marelas: Iago 43´, Fran 48´, Esteban 56´, Lato 59´, Tomás 67´, Isak 81´

Vermellas: -


Ningún comentario: