domingo, 11 de xaneiro de 2015

Xornada 17: Once Caballeros "B" - Atlético Sobrado (A Previa)


A partires das 16,00 horas de hoxe domingo dará comezo o Once Caballeros "B" - Atlético Sobrado.

O equipo de Hassan chega moi condicionado ó encontro por mor da gripe, os exames, o traballo e as sancións. Iago e Esteban cumplirán ciclo de 5 amonestacións polo que non poderán entrar na convocatoria. A estas baixas únense a de Ivo e River enfermos co virus da gripe. Ademáis hai varios xogadores que afrontarán o partido mermados por esta mesma causa. David, Luis Mato e Manu Paderne seguen en proceso de recuperación das súas diferentes lesións. Miguel Combo e Miguel Liboreiro serán baixa por asuntos laborais mentres que Isma e Marcos Combo causan baixa por mor dos exames. Fronte tantas adversidades Hassan tira de canteira e subirá ós Xuvenís Iván Santos e Martín.

No partido de ida o C.A.S.X. perdera 0-1 nos minutos finais do encontro, o equipo marelo non fixera o seu mellor partido, perdoara algunha que outra clara ocasión de gol e acabouno pagando.

Once Caballeros "B" chega o encontro ubicado na 7ª praza con 17 puntos 2 puntos por riba do noso equipo aínda que con un partido máis disputado. No seu feudo suma un total de 7 puntos, 2 victorias contra Encrobas e Vizoño B e 1 empate contra Curtis. Perdeu 4 partidos: Tambre, Pontecarreira, Mesón do Bento e Abellá B. Como local suma 12 goles a favor por 19 en contra.

Os seus máximos goleadores son: Diego Novelle e Marcos García con 5 tantos, Francisco J. García con 4, e Sergio Mouzo e Felipe Blanco con 3.

Arbitrará o encontro Alejandro Gesto Moral.

Podedes seguir o encontro online como cada xornada mediante a nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: