luns, 12 de xaneiro de 2015

Xornada 17: virán tempos mellores (A Crónica)



Derrota a domicilio contra Once Caballeros "B". Pésima actuación unha vez máis de Alejandro Gesto Moral, o colexiado que deixou descontentos os dous equipos. Naveira marcou o gol da honra marela. Fran expulsado por doble amonestación.

O Atlético Sobrado encaixou a terceira derrota consecutiva logo de caer no campo de Lendoiro 3-1 contra o Once Caballeros "B". O protagonista do encontro foi o xogador local Marcos García, autor de un Hat Trick.

Reseñar pola parte negativa e coma cada vez que sufrimos unha arbitraxe súa, ó colexiado Alejandro Gesto Moral. Errático nas súas decisións ó longo de todo o partido, con unha actitude chulesca, e amosando un total descoñecemento do regulamento. Nada novo na oficina.

A primeira metade saldouse sen goles, unha primeira metade onde o C.A.S.X. se puido ir 0-2 á caseta en dúas claras ocasións de Fran e Naveira nas que ambos tiros sairon rozando o pao dereito da portería local.

Na primeira aproximación do equipo local na segunda metade chegaría o 1-0, Marcos García vaise por velocidade de Dani e vate a José Luis.

Pouco lle duraría a alegría os locais pois 2 minutos despois Naveira faría o empate nun lanzamento que aparentemente non presentaba perigo para o equipo local pero que se acabou aloxando no fondo da rede.

Isak perdonaría no minuto 55 o 1-2 nun man a man que o cancerbeiro local detivo.

No minuto 57 chegaría unha xogada que puido cambiar o devir do partido, Fran adentrase na área, é zancadilleado por un rival cando iba chutar e o colexiado non decreta un penalti máis que evidente.

Un minuto despois o Once Caballeros faría o 2-1 logo de unha falta clarísima ó noso cancerbeiro José Luis, un atacante local entrou coa perna moi arriba e impactou no cancerbeiro facendo que le caese o balón, o rexeite aproveitouno Marcos García para establecer o segundo a favor dos locais. Dúas xogadas clave onde o colexiado se equivocou e as dúas en perxuicio do C.A.S.X.

Gesto Moral volveu a errar, desta volta coméndose outro penalti de libro a favor do Once Caballeros nunha veloz contra. Unha cousa é contalo e outra ver o partido: saques de banda que convertiu en córners, cartóns que amosou sen ver a falta, solo vendo que un xogador se preocupaba polo estado de un rival que estaba no chan, erros en todas e cada unha das xogadas importantes do encontro, amenazante ante os xogadores... preocupante, de verdade que moi preocupante a saúde da que goza agora mesmo o estamento arbitral galego con fenómenos de este calibre...

No minuto 89, Fran sería expulsado por doble cartón marelo logo de sufrir unha dura falta, empurrou ó seu rival e tivo que irse a caseta antes de tempo.

Xa cando pasaban 4 minutos do engadido de novo Marcos García desde longa distancia aproveitando que José Luis tivo que sair a despexar de cabeza un balón á desesperada pecharía a conta.

Nova derrota do C.A.S.X. que coma cada vez que sucede ten que servir para aprender dos erros (os que estén na nosa man, non nas do colexiado de turno) e seguir remando ata o final. O sábado chega ó Municipal de Sobrado o Abellá B e xa hai que cambiar o chip.

Once Inicial: José Luis, Tomás, Osky (Martín 70´), Anxo (Iván Santos 75´), Mario Novo (c), Dani, Isak, Naveira, Fran, Mario Varela (Rafa 81´), Manu Costoya (Antonio 65´).

Goles:

1-1 Naveira 50´

Tarxetas:

Marelas: Fran 18´e 89´, Hassan 34´, Mario Varela 51´, Naveira 54´, Tomás 69´

Vermellas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 1 - Rayo Sadense 6

Iván Santos fixo o gol da honra do equipo Xuvenil na tarde do sábado no Municipal de Sobrado. O C.A.S.X. comezou gañando pero a falta de efectivos (so 13 xogadores) fixo que co paso dos minutos o equipo marelo fora pagando o esforzo. 






Ningún comentario: