venres, 16 de xaneiro de 2015

Xornada 19: Atl. Sobrado - S.E. Abellá S.D.C. "B" (A Previa)



Mañá visita o Municipal de Sobrado o 5º clasificado da Liga. O filial do San Estevo de Abellá S.D.C.

O equipo de Frades ocupa a última praza que da dereito a disputar a fase de play off de ascenso con 28 puntos.

A domicilio presenta uns bos números con 4 victorias (Mesón, Once Caballeros, Encrobas e Vizoño B), 2 empates (Bribes e no derbi fronte Pontecarreira) e tan so 2 derrotas (Tambre e Curtis).

Suma un total de 33 goles a favor por 29 en contra sendo o seu máximo goleador Manuel A. Gómez con 9 goles, seguido de Joel López con 4. Os seguintes goleadores do conxunto negro son: Alejandro Regueiro, Juan Castro e Alejandro Mosquera con 3 goles cada un.

No cadro visitante non poderá ser da partida Santiago González por acumulación de amonestacións.

Polo que respecta ó C.A.S.X. Hassan recupera a Esteban e Iago logo de cumplir sanción. Ademáis Miguel Liboreiro por fin está apto para poder volver á competición. Son baixa segura Manu Paderne, Miguel López e Luis Mato por lesión así como Fran que terá que cumplir un partido de sanción pola expulsión por dobre amonestación da semana pasada contra Once Caballeros.

O lamentable estado do céspede do Municipal de Sobrado terá un papel fundamental no desenrolo do xogo xa que está impracticable e coa climatoloxía que estamos a sufrir estes últimos días seguro que o terreo de xogo será un auténtico barrizal.

O partido dará comezo as 17,00 horas e estará dirixido polo señor Alberto Gil Arranz.

Como cada xornada podedes seguir o partido online pola nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENIL: Atl. Sobrado - Portazgo S.D.

Tamén mañá en horario matutino, 12,00 horas disputará o seu encontro o equipo Xuvenil no Municipal de Sobrado. Antes de nada agradecer a amabilidade do Portazgo S.D. por aceptar cambiar o encontro de horario xa que coincidía co equipo senior. A Directiva do cadro roxibranco puxo todo tipo de facilidades para que se puidese cambiar o horario para as 12,00 horas. O encontro será dirixido polo señor Miguel Souto Minguez.

Ningún comentario: