luns, 19 de xaneiro de 2015

Xornada 19: a seguir remando (A Crónica)


4ª derrota consecutiva do conxunto marelo onde a polémica expulsión de Mario Novo na primeira metade condicionou o encontro. Mario Varela fixo o gol local desde os 11 metros. O equipo debe retomar a boa inercia de final de ano e reconducir a situación. Bo partido de Anxo que se estreou como gardaredes.

Nova derrota do Atlético Sobrado o pasado sábado no Municipal de Sobrado contra o Abellá B. O equipo de Hassan comezou do mellor xeito posible o encontro pois un penalti transformado por Mario Varela no minuto 9 logo de unhas claras mans de un defensor visitante puxeron en franquicia o encontro para os intereses marelos.

Empataría o Abellá B por medio de Cristian logo de aproveitar un balón morto dentro da área logo de unha xogada a balón parado.

No minuto 45 chegaría a xogada polémica do partido que a postre sería definitiva pois decantou o encontro do lado visitante: o capitán Mario Novo vai forte a un balón dividido e chega antes que o seu rival. O atacante do Abellá mete un berro e fai ver que Mario o golpeou no lugar do balón, o colexiado pica e decreta a falta e amonesta o capitán do C.A.S.X. Mario Novo indignado coa actitude do xogador visitante recrimínallo e o colexiado amósalle o segundo cartón marelo. Quedábase o Atlético Sobrado con un home menos con toda a segunda metade por diante.

O Abellá B levaría a manixa do encontro nos seguintes 45 minutos e froito do seu dominio chegaría o gol de Manuel A. Gómez no minuto 59 que lle daba alas o equipo visitante.

Pernas de cabeza o saque de unha falta no minuto 70 faría o 1-3 que sería definitivo.

É curioso que nun partido onde houbo faltas por ambos bandos o Atlético Sobrado se leve 5 cartóns marelos e o equipo visitante ningún. Máis curiosos aínda e ver a perna de Ivo, nunha patada grotesca en medio campo que soou e puido oir todo o mundo (menos o colexiado polo que se ve) que deixou completamente coxo o noso xogador, co taco da patada marcado na súa rodilla e brotando abundante sangre.

Xa o falamos máis veces e non nos cansaremos de denuncialo. O nivel das arbitraxes nas últimas tempadas lonxe de mellorar empeora. Hai varios colexiados que lle facían un gran favor o fútbol se se quedasen na casa no lugar de vir amolar cada semana os equipos que relixiosamente lles pagan por facer un traballo verdadeiramente lamentable. E o peor de todo é que o Colexio de Árbitros non move ficha con estes tíos, na gran maioría dos casos completamente pasotas. Penoso!

A pesares de esta mala xeira de resultados o equipo debe volver a sacar o carácter de hai unhas xornadas e poñerlle fin a esta mala xeira de resultados.  Se unha vez foi posible por que non unha segunda, quedan 4 meses de competición e moitos puntos en xogo. Hai que coller o toro polos cornos e pensar en sumar cada xornada. Estou seguro que a cousa irá para adiante.

Once Inicial: Anxo, Tomás (Isma 76´), Osky (Miguel Combo 74´), Mario Novo (c), Esteban, Manu Costoya (Dani 45´), Iago, Mario Varela (Rafa 80´), Isak, Ivo, Naveira.

Goles: 

1-0 Mario Varela 9´(p)

Tarxetas:

Marelas:

Osky 22, Mario Novo 45´45´, Naveira 85´, Isak 86´

Vermellas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 3 - Portazgo S.D. 3

2 goles de Iván Santos e un de Antón Pérez fixeron que o equipo Xuvenil puidese sumar un empate o sábado pola mañá no Municipal de Sobrado.

Un soberbio golazo de Brais López no minuto 20 adiantaría os visitantes. Empatou Antón Pérez no minuto 42 nun bo golpeo logo de unha asistencia de Iván Santos.

Co empate a 1 gol chegaríase o descanso.

O pichichi do equipo Iván Santos adiantaría ó conxunto marelo no minuto 3 da reanudación logo de aproveitar unha gran asistencia de Julio.

De novo Iván Santos nunha xogada de pundonor e garra pelexou e roubou un balón a defensa visitante, encarou o porteiro e coa perna zurda fixo o 3-1 no minuto 63´.

Recortaría distancias de novo Brais López no minuto 75 e 2 minutos despois Daniel Barreiro faría o 3-3 que sería definitivo.

Noraboa os 13 xogadores xuvenís que foron partícipes no encontro do pasado sábado por que coa actitude que amosaron os resultados empezarán a chegar.

Once Inicial: Alex, Diego Santos, Martín (c), José Luis, Martín Novo, Bruno, Antón Sánchez, Julio (Josito 87´), Raúl (Miguel 62´), Antón Pérez, Iván Santos.

Goles:

1-1 Antón Pérez 42´
2-1 Iván Santos 48´
3-1 Iván Santos 63´

Tarxetas: -


Ningún comentario: