venres, 23 de xaneiro de 2015

Xornada 20: C.C.D. Curtis - Atl. Sobrado (A Previa)



Nova afrenta para o equipo de Hassan pasado mañá domingo no Campo Novo de Curtis a partires das 16,30 horas.

No partido de ida este encontro supuxo a primeira victoria da tempada para o equipo marelo. Un partido no que o C.A.S.X. púxose en franquicia con un 3-0, o Curtis logrou empatar pero dous goles nos minutos finais fixeron gañar 5-3 ó noso conxunto. Un partido de mal recordo debido a lesión de Luis Mato que aínda segue convalecente.

O equipo local ocupa o 6º lugar da táboa clasificatoria con 25 puntos a 6 puntos do último posto que da acceso a disputar a fase de ascenso á 2ª Autonómica que neste momento pertence ó rival do C.A.S.X. da semana pasada, o Abellá B.

O Curtis como local sumou 15 dos 24 puntos en xogo. 5 victorias e 3 derrotas o contemplan, con  17 goles a favor por 14 en contra.

Polo que respecta ós goleadores o seu máximo realizador é Diego Sánchez con 9 dianas, seguido por Alberto Lamas e Óscar Gómez con 5, 4 goles ten no seu haber David Rodríguez.

O CCD Curtis non poderá dispoñer de Marcos Barreiro o ter que cumplir sanción.

O C.A.S.X. chega ó encontro coas baixas seguras de Mario Novo e Isak por sanción. Luis Mato, David, Miguel Folgoso e Manu Paderne por lesión tampouco poderán formar parte da convocatoria. Rafa, Miguel Combo e Naveira tampouco poderán ser partícipes do encontro por motivos persoais.

Arbitrará o encontro Alejandro Gesto Moral que agardemos veña ó encontro con unha actitude completamente diferente a de hai dúas semanas contra o Once Caballeros B. Se acerta na metade das súas decisións e non se amosa prepotente xa nos damos con un canto nos dentes.

Desde aquí desexarlle (por segunda vez na tempada) unha pronta recuperación ó noso Capitán David operado esta semana de apendecite. Nunca choveu que nunca escampara Capi, axiña volverás a estar onde máis che gusta. Defendendo a portería do C.A.S.X. e parando todo o que se achega pola área.

Xuvenís: Sp. Burgo - C.A.S.X.

A Minimáquina Amarilla visita o Campo de A Lavandeira en O Burgo. O encontro terá lugar mañá e comezará as 16,00 horas será dirixido polo señor Diego Seoane Sánchez.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997


Ningún comentario: