luns, 26 de xaneiro de 2015

Xornada 20: Derrota no minuto 5 de desconto (A Crónica)


O C.A.S.X. cae derrotado con un gol no minuto 95 nun partido onde o máis xusto houbese sido un empate. A sorte segue a ser esquiva co conxunto marelo nesta tempada. Mario Varela marcou por segunda semana consecutiva. As 2 novas incorporacións do Curtis foron vitais na victoria local. Bo partido de Tomás que fixo de improvisado porteiro no Atlético Sobrado.

O Atlético Sobrado caeu derrota da peor forma posible na tarde de onte. Nunha xogada onde houbo ata 2 rexeites, Óscar Gómez no minuto 5 da prolongación daba a victoria ó C.C.D. Curtis.

A primeira metade foi bastante equilibrada, nos primeiros 20 minutos o Curtis foi dominador claro. Un Curtis no que a súa nova fichaxe Dani que chega desde o Boimorto C.F. de 1ª Autonómica foi un auténtico pesadelo. Neste tempo ó C.A.S.X. apenas lle duraba o balón nos pes. Co paso dos minutos o equipo marelo foi encontrando o seu espazo no terreo de xogo e xerando ocasións de perigo para a meta defendida por Ángel pero sen acerto no remate. Co 0-0 inicial chegaríase ó descanso.

No descanso o Curtis meteu máis carne no asador dando entrada a Figu, outra nova fichaxe que tamén chega desde o Boimorto C.F. para intentar levarse a victoria. Os 3 minutos da reanudación unha magnífica xogada persoal de Diego Sánchez poñería por diante o equipo local.

Empataría Mario Varela no minuto 60 nun disparo cruzado onde antes de disparar foi obxecto de penalti que o colexiado non asubiou, a xogada seguiu, o centrocampista do C.A.S.X. dou conectado o chut e aloxou o balón no fondo da rede. Segunda semana consecutiva na que Mario Varela ve porta.

Seguiron transcurrindo os minutos, o Curtis chegou 2 veces con perigo pero Tomás, que fixo de improvisado porteiro solventou con acerto desviando a córner.

Por parte do C.A.S.X. un par de boas chegadas de novo sen acerto rematador ata que chegou a ocasión que puido cambiar o signo do encontro.

Minuto 92, excelente xogada persoal de Naveira que ve o desmarque do Xuvenil Iván Santos que facía un minuto saltara o terreo de xogo, Naveira invéntase un pase o oco e Iván Santos chuta a porta, o esférico baise fora por moi pouco.

Como comentabamos con anterioridade o Curtis faría o definitivo 2-1 no minuto 95 logo de un par de rexeites na penúltima xogada do encontro. Óscar Gómez, aproveitándose da súa altura faría o 2-1 de cabeza.

Tería unha última oportunidade de empatar o C.A.S.X. nunha xogada a balón parado pero remataría sen consecuencias.

Bo traballo en xeral do equipo sen premio en forma de puntos. Pouco máis se lle pode pedir a estes xogadores, simplemente ter fé en que un día o que agora é cruz será cara... por insistir non vai ser.

Once Inicial: Tomás, Miguel Combo (Osky 89´), Iago, Dani, Esteban (c), Manu Costoya (Marcos Combo 60´), Ivo (Iván Santos 91´), River, Fran (Piru 74´), Mario Varela, Naveira.

Goles:

1-1 Mario Varela 60´

Tarxetas:

Marelas: Fran 32´, Mario Varela 57´, Miguel Combo 67´, Iago 89´

Vermellas: -

XUVENÍS: Sp. Burgo 9 - Atl. Sobrado 2 (Iván Santos -2-)

O equipo Xuvenil sufriu unha abultada goleada na casa do 2º clasificado, o Sporting Burgo, un auténtico partidazo. Destacar a impecable arbitraxe do xove Diego Seoane Sánchez, de verdade que moitos dos seus colegas deberían tomar nota de como se dirixe un encontro: ben colocado, aplicando perfectamente o regulamento, moi educado e atento cos xogadores e adestradores. Sen lugar a dúbidas dou mostras que ten todas as cualidades para chegar a onde se propoña no mundo da arbitraxe. Ogallá nos volva a tocar axiña por que con colexiados así da gusto ser partícipe do deporte sexa cal sexa o resultado.

Iván Santos foi o autor dos dous goles marelos. O primeiro que supuxo o empate a 1 no minuto 14 logo de unha excelente xogada de Bruno que regateou a 2 rivais dentro da área e dou o pase da morte para o Killer da Minimáquina Amarilla.

O segundo no minuto57´foi un gol dos que nos ten acostumados Iván, de non dar un balón por perdido, de gañar a loita e rematar o balón ó fondo da rede.

Once Inicial: Alex, Diego, Simón, Martín Novo, José Luis (Miguel Abad 68´), Bruno, Antón Sánchez (c), Julio, Raúl (Josito 76´), Antón Pérez, Iván Santos.

Goles:

1-1 Iván Santos 14´
6-2 Iván Santos 57´

Tarxetas: -

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: