luns, 2 de marzo de 2015

Xornada 25: Empate con polémica


Un C.A.S.X. superior o Mesón do Bento déixase dous puntos por unha decisión errónea do colexiado no gol local. Moi bo partido dos pupilos de Hassan. O Atlético Sobrado xogou con un futbolista menos 36 minutos

Unha decisión errónea do colexiado do encontro o non decretar fora de porta nun centro que saiu 1 metro e que o vento volveu a meter dentro do campo evitou a heroica victoria do conxunto de Hassan que tivo que disputar 36 minutos da segunda metade con un xogador menos por expulsión de Isak.

Comezou moi ben plantado sobre o verde céspede de "Monte Rojo" o C.A.S.X. achegándose con perigo a meta de carro e facendo que o equipo visitante tivera que retrasar liñas.

O primeiro gol do encontro chegaría no minuto 22. Excelente pase entre liñas de Ivo que filtra o balón entre a defensa rival, alí aparece Fran coa velocidade que o caracteriza e no man a man con Carro define con mestría.

No minuto 31 chegou a polémica do encontro con un claro penalti que sufriu Miguel Combo por parte do defensa local Martín pero o colexiado Grañas Martínez, moi errático toda a tarde non decretou o penalti. O noso equipo amosouse moi enfadado coa actitude arbitral sobre todo na primeira metade que obviou tres claras mans. Nunha delas Luis Mato, que estaba como integrante do banquiño viu o cartón marelo por protestar.

Na segunda metade o C.A.S.X. quedaríase no minuto 57 con un xogador menos o ver Isak o segundo cartón marelo logo de obstaculizar un saque de falta.

O C.A.S.X. a pesar de estar en inferioridade cuallou un gran encontro e non estaba a pasar excesivos apuros ata que chegou a xogada desgraciada no minuto 69. Centro desde banda dereita que sae 1 metro por liña de fondo e que fai que toda a defensa marela quede parada. O balón volve a entrar no campo, o dianteiro local Abel Gómez ponlle a espuela coma quen non quere a cousa, o esférico pega no longueiro e entra. Para sorpresa de todos o colexiado concede o gol ante a indignación de todo o cadro marelo.

A pesar de este contratempo o C.A.S.X. non se amilanou e incluso estivo a piques de levarse o encontro nunha contra que enganchou Tomás que se foi por velocidade de dous defensores e que un último defensa salvou na área pequena unha clara ocasión que ben puido supoñer os 3 puntos para o equipo visitante.

Final de un partido no que o xusto sería haberse traido a victoria. Os máis perxudicados son os equipos que están en loita co Mesón do Bento para ocupar un posto no playoff de ascenso. Nós a seguir remando e a ofrecer a gran versión que se viu onte do Atlético Sobrado. Grandes, moi grandes os 14 integrantes do equipo que onte viaxaran ó Mesón.

Darlle tamén moito ánimo a Mario Novo e a Isak, que tiveron sendos golpes no seu xeonllo. Ogallá non sexa nada.

Once Inicial: Anxo, Isma (Luis 64´), Piru, Iago, Mario Novo (Osky 79´), Esteban (c), Ivo (Tomás 70´), Antonio, Fran, Isak, Miguel Combo.

Goles: 0-1 Fran 22´

Tarxetas:

T. Marelas: Luis 35´Isak (36´e 57´), Fran 69´

T. Vermellas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 1 (Antón Pérez) - Sp. Cambre 6


Unha mala primeira parte condenou ó noso equipo Xuvenil. 4 goles dos minutos 7 ó 25 (hat trick de David Fontao e un gol de Arcas) fixeron que o marcador chegase con un amplo 0-4 ó intervalo.

Na segunda metade a Minimáquina Amarilla saiu máis enchufada e nunha contra de manual Antón Pérez fixo o 1-4 nunha excelente xogada colectiva.

Antes do 1-5 o C.A.S.X. tivo 3 claras oportunidades de meterlle un pouco de pementa á segunda metade pero errou esas 3 ocasións.

O Cambre, un gran equipo que incluso tocaba o esférico a pesares do lamentable estado do céspede do Municipal fixo o 1-5 no minuto 60 por mediación do Óscar Doval. Pecharía o marcador Martín Mella no minuto 87´.

Boa segunda metade do Atlético Sobrado. Destacar as lesións de Iván Santos, Alex, Martín e Dani. Agardemos que os xogadores se recuperen para o vindeiro encontro. Será o domingo as 12,00 horas en Meicende.

Once Inicial: Alex (Julio 45´), Diego (Miguel Abad 70´), Simón, Martín Novo, José Luis, Martín Sánchez (c), Antón Sánchez, Dani (Raúl 62), Bruno, Antón Pérez, Iván Santos.

Goles: 1-4 Antón Pérez 50´

Tarxetas:

T. Marelas: Bruno 65´

T. Vermellas: -

Ningún comentario: