venres, 27 de febreiro de 2015

Xornada 25: Mesón do Bento - Atl. Sobrado Xuventude (A Previa)



Segunda visita da tempada a "Monte Rojo". Na anterior visita (domingo de Dolores) o Atlético Sobrado caera derrotado por 2 goles a 1. Mesmo marcador pero con victoria do equipo de Hassan rexistrouse no partido xogado no Municipal de Sobrado.

Así pois terceiro e último enfrontamento desta tempada 2014/2015 fronte o 4º clasificado da táboa que está loitando por disputar o play-off de ascenso.

Mesón do Bento C. F. suma 40 puntos no que vai de Liga. Na casa suma 5 victorias, 3 empates e 3 derrotas con 19 goles a favor e 17 goles en contra.

O seu máximo goleador é Manuel, un clásico da categoría con 11 dianas, sígueno José C. Rivas con 9 e Rubén Couceiro con 6 (non poderá estar o domingo ó ter que cumplir sanción pola expulsión da pasada xornada). Con 5 goles están David Mourelo e Daniel Sanles.

Polo que respecta o C.A.S.X. quere sumar a 3ª semana consecutiva puntuando logo do empate na Pontecarreira e a victoria fronte ó Vizoño B. O capi David, River e Pablo Naveira son baixas seguras no conxunto marelo.

O encontro comezará as 16,30 horas (horario de marzo) e será dirixido polo señor José Manuel Grañas Martínez.

Podedes seguir o partido online na nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: Atl. Sobrado Xuventude - Sp. Cambre

A Minimáquina Amarilla recibe mañá no Municipal de Sobrado ó Sporting Cambre a partires das 16,15 horas.

Partido difícil para as futuras promesas marelas xa que o conxunto de Cambre ocupa tamén o 4º lugar da táboa clasificatoria.

Dirixirá o encontro o señor Eric Vázquez Veiras.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997


Ningún comentario: