luns, 23 de febreiro de 2015

Xornada 24: Merecida victoria (A Crónica)

 Dous goles de Miguel Combo e un de Iago dan a victoria ó equipo de Hassan. O adxectivo de "terceiromundista" quédaselle curto ó estado do céspede do Municipal. O Atlético Sobrado moi superior ó longo de todo o encontro.

9 partidos tiveron que pasar para que o Atlético Sobrado voltara á senda da victoria. A última victoria databa do 6 de decembro contra o Mesón do Bento. Día de infausto recordo pola lesión do gardarredes e capitán David.

Non a pasará a historia o encontro polo seu gran fútbol e nisto ten moito que ver o paupérrimo estado do barrizal que actualmente é o Campo Municipal de Sobrado. Personalmente non sei nin como nos deixan xogar ahí por que menos un campo de fútbol pode ser calqueira outra cousa. Tristísimo!

Destacar o gran encontro dos 15 xogadores que o sábado portaron o escudo do león. Moito tesón e entrega nun campo que non axuda e no sitio de ser un lugar para disfrutar é un verdadeiro suplicio para os xogadores, tanto do Atlético Sobrado coma visitantes.



Comezaría adiantándose o Vizoño B por mediación de Diego Vázquez no minuto 23 nunha xogada de pillería. Unha falta de Esteban en medio campo executada de maneira rápida dou lugar a unha contra que pillaría descolocada a defensa marela, o seu gran disparo acabou no fondo da rede.


A piques estivo de establecer o empate Miguel Combo no minuto 36 pero o seu remate de cabeza dou no longueiro.



Si o faría Iago, nun lanzamento desde fora da área que se lle escapou das mans ó cancerbeiro visitante e o esférico acabou sobrepasando a liña de gol.



Co empate a 1 chegouse o descanso.



Nada máis comezar a segunda metade un inconmesurable en ataque Miguel Combo faría o 2-1 logo de aproveitar un balón morto na área, regatear ó porteiro do Vizoño B e mandar coa súa perna zurda o esférico a dormir ó fondo da rede.



De novo Miguel Combo e tamén coa zurda no minuto 53 poñería o 3-1 logo de unha gran xogada por banda do Xuvenil Iván Santos que se marcou un auténtico partidazo.



Tivo ocasións o C.A.S.X. nesta segunda metade para ampliar vantaxe pero non surtiron efecto.



Xa no minuto 88 o Vizoño B reduciría distancias de cabeza á saida de un córner por mediación de Borja Vázquez.



Xa non habería tempo para máis e así chegouse ó final co 3-2 a favor da Máquina Amarilla que sirve para coller novos folgos e seguir competindo coa máxima ilusión.



Once Inicial: Anxo, Miguel Combo, Isma (Osky 75´), Mario Novo (Piru 60´), Esteban (c), Iago, Antonio, Ivo, Fran (Tomás 77´), Isak (Rafa 80´), Iván Santos.



Goles: 1-1 Iago 40´ / 2-1 Miguel Combo 46´ / 3-1 Miguel Combo 53´



Tarxetas Marelas: Mario Novo 18´ / Ivo 60´ / Tomás 86´



Tarxetas Vermellas: -

Ningún comentario: