venres, 20 de febreiro de 2015

Xornada 24: Atl. Sobrado - Vizoño B (A Previa)


Mañá vivirase no Municipal de Sobrado a partires das 16,30 horas un enfrontamento entre os dous últimos clasificados da 3ª Autonómica Grupo III.

O Atlético Sobrado recibe a visita do colista Vizoño B que suma 5 puntos no que vai de competición e acumula 15 xornadas consecutivas saíndo derrotado dos seus partidos.

O conxunto de Hassan non se debe confiar pois a única victoria da que dispón o cadro de Abegondo ata o de agora foi precisamente contra o Atlético Sobrado no Municipal.

Os brancos son o equipo menos goleador (19 goles) e tamén o máis goleado (67). Os seus máximos artilleiros son Alberto Manteiga con 3 tantos e Roberto Boga, Iago Carro e Diego Vázquez con 2 goles cada un.

Por parte marela Hassan non poderá contar co goleador da semana pasada Pablo Naveira por acumulación de amonestacións. Tampouco será da partida Luis Mato que será baixa por motivos persoais. David, Miguel Folgoso, Miguel Liboreiro e Manu Paderne serán baixa por lesión. É dúbida Manu Costoya por problemas físicos.

Dirixirá o encontro o señor Diego García García.

O encontro poderédelo seguir pola nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

Polo que respecta ó equipo Xuvenil esta semana terá xornada de descanso.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#DESDE1997


Ningún comentario: