venres, 6 de marzo de 2015

Xornada 26: C.A.S.X. - Sp. Bribes (A Previa)


Mañá sábado 7 de marzo dará comezo a 26ª xornada ligueira con un atractivo Atl. Sobrado Xuventude - Sp. Bribes. O partido como é habitual cando o conxunto marelo xoga como locatario comezará as 17,00 horas.

O Bribes, 3º clasificado con 45 puntos non coñece a derrota a domicilio. Suma 5 victorias (unha delas 1-2 na primeira volta no Municipal) e 6 empates.

Bo equipo o violeta, moi ben traballado polo seu míster e con uns xogadores que saben á perfección cal é o rol de cada un no equipo.

Trátase de un conxunto moi ben organizado e moi solidario en labouras defensivas, de ahí que leve encaixados tan so 25 goles a estas alturas de competición. É o segundo equipo que menos goles encaixa por detrás do líder Mesía (20).

Na faceta goleadora Sergio Rama e Óscar Vázquez con 10 goles cada un levan a batuta, seguidos de Jacobo Lorenzo (xogadorazo por certo) e Alejandro Lema con 5 goles cada un.

Por parte marela o número de baixas para este encontro é notorio: Isak e Fran por sanción, David, River, Manu Costoya e Manu Paderne por lesión e Esteban, Rafa, Naveira e Osky por motivos laborais e persoais e a dúbida de Antonio e Isma ata última hora.

Así pois o cadro de xogadores será excaso polo que haberá que tirar de equipo Xuvenil para dispoñer de efectivos.

Tamén será baixa a causa de enfermidade o míster Hassan ó que desde aquí lle mandamos un forte abrazo. Estamos a tope contigo Josito, e todo este tempo que estés fora dos terreos de xogo daremos o 101% para brindarche as victorias. Ánimo verás como a cousa irá ben e nun periodo corto de tempo estarás de novo nos banquiños.

Adestrará o equipo o capi David, toda a sorte do mundo no debut no banquiño crack, agora cédoche eu o testigo de Karanka, jejejejejeje.

Arbitrará o encontro o señorFrancisco Pertierra Martínez.

XUVENÍS: Sp. Meicende - C.A.S.X.

O equipo Xuvenil viaxará na mañá do domingo a Arteixo para enfrontarse ó Sporting Meicende. O partido comezará as 12,00 horas do mediodía e celebrarase no campo de Meicende Grande. O encontro será dirixido polo señor Sergio Prieto Ramos.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

1 comentario:

CasadeEspañaenManitoba dixo...

Si ustedes desean saber mas sobre la cultura Española pueden visitar al siguente enlace: http://casadeespanaenmanitoba.blogspot.ca/