luns, 9 de marzo de 2015

Xornada 26: cabeza alta a pesares da derrota

Un C.A.S.X. plagado de baixas e con so 7 xogadores seniors faille fronte ó segundo clasificado. Os marelos xogaron toda a segunda metade con 10 xogadores por expulsión de Dani ó reclamar un penalti. Luis Mato lesionase por segunda vez na tempada, desta volta nun hombreiro.

O Atlético Sobrado tirou de casta para plantarlle cara ó segundo clasificado o Sp. Bribes a pesares das innumerables baixas coas que contou para este encontro. 7 xogadores senior e 6 xuvenís compuxeron a convocatoria.

Resaltar o bo xogo local na primeira metade con oportunidades de gol. O minuto 44 marcaría o devir do encontro. O xuvenil Dani Martínez reclamou penalti e fixo observacións ó colexiado que o expulsou con tarxeta vermella directa.

Ó descanso chegaríase con 0-0. No minuto 52 de novo a mala sorte que está a ter Luis Mato esta tempada coas lesións volveuse a facer patente. O dianteiro marelo sufriu un golpe no seu hombreiro, ten rotura de ligamentos e terá que estar 3 semanas de baixa. Moito ánimo Luis, para a vindeira tempada estarás imparable.

O primeiro gol do Bribes chegaría no minuto 61 por mediación de Hugo e o que pechaba o encontro no minuto 73 por medio de Aitor.

Dignísima derrota do cadro que o sábado adestrou David #AnimoHassan fronte a un dos serios candidatos a ascender de categoría esta tempada.

Para a vindeira xornada o equipo marelo terá xornada de descanso que virá moi ben para intentar recuperar algúns dos mancados e darlle un respiro a enfermería que este ano parece nos mirou unha meiga.

Once Inicial: Anxo, Tomás, Martín, Dani, Mario Novo, Piru, Miguel Combo, Iago, Iván Santos (Álex 67´), Ivo, Luis Mato (Diego Santos 52´)

Goles: -

Tarxetas:

Marelas: Iago 16´, Miguel Combo 61´
Vermellas: Dani 44´

XUVENÍS: Sp. Meicende 14 - C.A.S.X. 0

Pouco ou nada puido facer o equipo Xuvenil na súa visita a Meicende. Tan so 10 xogadores viaxaron para poder pasar o trámite e o resultado foi encaixar unha dorosa derrota.

Toca olvidarse de este día tan negro e pensar xa no seguinte partido.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: