luns, 16 de marzo de 2015

Xuvenís: O "Hat Trick" de Iván Santos non chegou para lograr a machada



O CA.S.X. Xuvenil cae 5-3 na mañá de onte en "O Condús" de Oleiros fronte o Obrero "B". A Minimáquina Amarilla que viaxou con tan so 11 futbolistas a piques estivo de lograr a machada e traer algo positivo para Sobrado.

Axiña adiantaría o "killer" do Atlético Sobrado Iván Santos ó conxunto marelo. Corría o minuto 2 cando aproveitou unha indecisión da zaga local para facer o primeiro da tarde. Empataría o Obrero "B" por mediación de Pablo García no minuto 11.

De novo Iván Santos nos minutos 25´e 34´poñía en clara vantaxe ó noso equipo. Antes do descanso chegaría o 2-3 por mediación de Pedro Gómez.

Xa na reanudación o Obrero "B" tivo a oportunidade de empatar por mediación de unha pena máxima pero Álex estivo moi ben e detivo o penalti lanzado polo capitán vermello.

Empataría o Obrero B no minuto 60 logo de un gran cabezazo á saida de un córner por mediación de Federico Lasserre.

A Minimáquina Amarilla pouco a pouco fóiselle acabando o combustible e pagou o non poder ter a posibilidade de ningún troco para refrescar o equipo.

Carlos Otero no minuto 70´ e de novo Federico Lasserre no minuto 77´ farían o 5-3 definitivo.

Desde aquí darlle a miña noraboa os 11 valentes que onte viñeron a Oleiros. Fixeron un gran partido e loitaron e competiron o mellor que puideron. Gran traballo rapaces!

ONCE INICIAL: Alex, Diego, Julio, Martín Novo, José Luis, Miguel Abad, Raúl, Martín Sánchez (c), Bruno, Antón Pérez, Iván Santos.

Goles: 0-1 Iván Santos 2´ / 1-2 Iván Santos 25´ / 1-3 Iván Santos 34´

Tarxetas:

T. A: Julio 57´

T. V: -

Ningún comentario: