martes, 17 de marzo de 2015

Cea Baile do Club Atlético Sobrado Xuventude



Desde a Directiva do Club  Atlético Sobrado Xuventude queremos anunciarvos a celebración de unha Espectacular Cea Baile que terá lugar no Pavillón Polideportivo de Sobrado o vindeiro Sábado 11 de abril a partires das 22,00 horas.

O menú constará de: Entrantes, Churrasco a fartar, Postre e Café polo módico prezo de 15€. Ademáis coa entrada repártese un número que será válido para o primeiro sorteo da noite.

Teremos Servizo de Bar, Diversos Sorteos e sobretodo o máis importante: MÚSICA.

Contaremos coa presenza do mellor Dúo do mundo mundial, o dúo que xa estivo presente na celebración do noso 15º Aniversario... os increibles LA HORA BRUJA.

Para adquirir as vosas entradas non tedes máis que poñervos en contacto con calqueira dos 3 números de teléfono que vedes no cartel.

GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN!!!

Ningún comentario: