xoves, 19 de marzo de 2015

Xornada 28: C.D. Mesía - Atl. Sobrado Xuventude


O C.A.S.X. visita este domingo a casa do flamante líder da competición, o C.D. Mesía. Os números do equipo que rexenta o Campo de As Mariposas non deixan lugar a dúbida: 20 partidos gañados, 4 empatados e tan so 1 perdido contra o Abellá B.

Os de Roberto Iglesias están a facer unha tempada sublime, con un total de 73 goles a favor por 21 en contra. É o equipo máximo goleador e o menos goleado. Compre destacar na faceta goleadora os dous máximos artilleiros da competición: Franqueira con 22 goles e Kaky con 18.

O C.D. Mesía de gañar ou empatar o encontro do domingo será flamante e merecido campión de Liga.

Por parte marela hai varias dúbidas para configurar a convocatoria que non se resolverán ata a tarde do sábado.

O encontro comeza as 16,30 horas e será dirixido polo señor César Dacal López. Podedes seguir o partido online pola nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: At. Sobrado - Atl. Perillo

A Minimáquina Amarilla recibe o sábado ó Atlético Perillo no Municipal de Sobrado a partires das 16,30 horas. Dirixirá o encontro o señor Adrián Pérez Rellán.



Ningún comentario: