mércores, 15 de abril de 2015

Xornada 30: o importante é non mancarse (A crónica)


O C.A.S.X. cae goleado no desprazamento a Abellá. Os excesos da cea-baile fixeron mella nos xogadores marelos. Miguel Combo marcou o gol da honra.

Mal partido do conxunto marelo nunha intensa tarde de sol e calor no "Vedral" de Abellá (Frades). Non se encontrou agusto e ningún momento o Atlético Sobrado no céspede artificial e o Abellá B pasou por encima do noso equipo. Compre destacar que a celebración da noite anterior da cea-baile do equipo fixo mella no rendemento dos futbolistas. Non pasa nada, un mal día teno calquera.

Ó descanso chegouse con un claro 3-0 e xa na segunda metade chegarían o resto de goles ata completar o 7-1 definitivo. Miguel Combo que xa comparte o pichichi do equipo con Manu Paderne fixo o gol da honra do C.A.S.X.

Once Inicial: Manu Costoya, Isma (Antonio 45´), Osky (Mario Novo 45´), Piru, Esteban (c), Dani (Martín Sánchez 45´),  Isak (Rafa 59´), Mario Varela, Fran (River 59´), Ivo, Miguel Combo.

Goles: 7-1 Miguel Combo 87´

Tarxetas Marelas: Piru 8´, Osky 40´

Tarxetas Vermellas: -

XUVENÍS: C.A.S.X. 0 - Atl. San Pedro 2

O equipo marelo perdeu no seu último partido de esta tempada 14/15 coma locatario. Dous goles nos minutos 47´e 69´déronlle a victoria ó Atlético San Pedro. A mellor noticia foi a volta os terreos de xogo de Miguel Folgoso que reaparecía logo de unha lesión de longa duración e de Antón Sánchez apartado 1 mes da práctica do fútbol tamén por lesión. O C.A.S.X. tivo boas opcións para poder sumar algo no encontro pero desta volta non se aproveitaron.

Once Inicial: Alex, Julio, Simón. Martín Novo, José Luis, Bruno, Antón Sánchez, Miguel Abad, Miguel Folgoso (c) ( Raúl 42´), Antón Pérez, Iván Santos.

Goles: -

Tarxetas Marelas: Julio 76´

Tarxetas Vermellas: -

Ningún comentario: