mércores, 22 de abril de 2015

Xornada 31: Ivo decide (A Crónica)


Un solitario gol de Ivo da á victoria ó Atl. Sobrado fronte ó CCD Curtis. Serio partido dos homes de Hassan. Xornadas despois a portería volveu a quedar a "0". Piru lesionado nun ombreiro.

Un solitario gol de Ivo no minuto 62 a pase de Isak dou os 3 puntos ó Atlético Sobrado fronte o 5º clasificado, o CCD Curtis que loita por meterse na fase de ascenso.

Os homes da Hassan fixeron un serio partido e loitaron por conseguir a victoria con uñas e dentes a pesares de que nestas últimas xornadas a Máquina Amarilla so se xoga a "honriña" de sumar os máximos puntos posibles.

A boa nova foi que a portería defendida nesta ocasión por Tomás quedou a "0", bo traballo defensivo de toda a escadra que dirixe Hassan para lograr o obxectivo.

A nova negativa foi a lesión nun ombreiro de Piru en loita con un rival. Agardemos que se recupere o antes posible.

Once Inicial: Tomás, Iago, Piru (Manu Costoya 70´), Mario Novo, Esteban (c), Antonio (Dani 79´), Mario Varela, Isak (Iván Santos 64´), Fran (Isma 66´), Ivo, Manu Paderne (Antón Sánchez 80´).

Goles: 1-0 Ivo 62´

Tarxetas:

Marelas: Manu Costoya 86´, Esteban 89´, Mario Varela 89´, Dani 89´

Vermellas: -

XUVENÍS: Rayo Sadense 15 - Atl. Sobrado 0

Pouco ou nada puido facer o equipo Xuvenil na súa última xornada ligueira fronte o flamante campión da Competición. Se xa a empresa era difícil, viaxar tan so con 10 efectivos abortaba toda opción de arrancar algo do campo de "As Mariñas". Grazas os 10 valentes que viaxaron a Sada polo seu compromiso co equipo que lles paga a ficha.


Ningún comentario: